Na Biblioteca de Galicia lese poesía | Yolanda Castaño con Isaac Garabatos

O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, acollerá o espectáculo poético-musical Idioma da tinta. Isaac Garabatos, un dos músicos máis versátiles e activos do panorama actual, pon música a un dos rostros máis populares da poesía galega.

A poesía de Yolanda Castaño encontra nas composicións de Isaac Garabatos o mellor dos acompañamentos, capaz de conectar con propios e estraños a través dun concerto delicado e cheo de emocións. Un xeito de que a mellor poesía contemporánea de Galicia chegue a un público máis alto.

Unha proposta interdisciplinar protagonizada a partes iguais pola música e a poesía, ao fío do libro-disco Idioma da tinta, de Yolanda Castaño e Isaac Garabatos.

A voz da poeta Yolanda Castaño únese ás composicións orixinais do músico Isaac Garabatos, cheas de fresca diversidade e excelencia musical, nun diálogo entre música e poesía envolvente, de grande calidade artística e exquisita factura. Un recital poético cargado de expresividade, calidez, provocación unhas veces e sutil elegancia outras, que a formación xa puido amosar en escenarios de Italia, Alemaña ou O Xapón.

 
Letras & Pensamento
 
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
1 - 13 Xul 2024
Convocatoria pechada