Antonio García Teijeiro será o segundo poeta protagonista do ciclo Na Biblioteca de Galicia lese poesía.
Con Poemar o mar recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil del Ministerio de Cultura y Educación de España en 2017.
Poeta de extensa traxectoria, é creador tanto de composicións poéticas destinadas a público adulto como a lectores máis novos.
Nesta sesión, organizada dentro do programa de actividades polo décimo aniversario da Biblioteca de Galicia, Antonio García Teijeiro fará a lectura dunha escolma dos seus poemas acompañado pola tradutora da súa obra, Chus Fernández. A través do diálogo que se estableza entre eles achegarámonos á obra dun dos nosos poetas máis galardoados.
3 Nov 2025
Ás 19:00h
20 — 21 Nov 2025
10.00 — 20.00 h



