Tras o éxito das visitas didácticas para os centros escolares emitidas en liña desde o Museo Centro Gaiás por mor das restricións presenciais motivadas pola covid-19, a Cidade da Cultura volve activar este modelo para a recén inaugurada nova mostra: Os brancos segredos do seu ventre
Trátase dunha modalidade de visita inspirada en modelos dos medios audiovisuais como Twich ou Youtube, a través da cal o alumnado vai coñecer as últimas tendencias da arte contemporánea galega e internacional que forman parte da colección da Fundación Rosón de Arte Contemporánea (RAC), declarada Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia e unha das máis relevantes de España.
Seguindo o percorrido cromático decidio pola comisaria Bea Espejo, o persoal do Servizo de Educación, Mediación e Atención ao Visitante guiará o alumnado polas pezas da exposición e daralles a coñecer outras obras míticas da arte das últimas décadas.
Fotografías, pinturas, instalacións e vídeo-arte vanlles axudar a entender a estes rapaces e rapazas a arte dun xeito lúdico e de rachar con falsos clixés reconvertidos nas recorrentes preguntas-acusacións: Por que un cativo de cinco anos non puido ter feito esto? Que pinta unha lura coa súa tinta na sala dun museo? Estanme a tomar o pelo?
Unha oportunidade de facerlle perder o medo á arte contemporánea ás xeracións máis novas.
