Vacinación da covid | Información

A Consellería de Sanidade realizará desde a tarde do 6 de abril ao 11 de abril unha nova vacinación masiva na Cidade da Cultura, na Sala Eisenman.

Desta quenda, están convocadas persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946, así como entre 1956 e 1961. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores. Máis información, premendo nesta ligazón ou na páxina do SERGAS