O Festival Internacional de Danza Contemporánea SóLODOS EN DANZA chega á Cidade da Cultura cunha mostra coa que quere conmemorar o seu 5º aniversario de maneira especial. Para a ocasión porá en escena no Gaiás unha selección de cinco pezas participantes e gañadoras das edicións que tiveron lugar en diversos puntos de España ao longo destes pasados 5 anos [merca a túa entrada premendo AQUÍ!]:
- Compañía Unaiuna (Cataluña - Baleares)
- Arnau Pérez (Cataluña)
- Alba Fernández Cotelo - Cía Exire (Galicia)
- Alejandra Balboa (Galicia)
- Ángel Garcés (Canarias - Madrid)
SóLODOS EN DANZA é un Festival Internacional de Danza Contemporánea que se celebra en Costa Rica desde 2013 e en España desde 2016. Conta cunha programación especializada en obras escénicas de creadores noveis de danza. Ademais, é unha plataforma cultural de intercambio e cooperación que traballa con diferentes proxectos artístico-culturais de Europa e América.
Escolma de pezas
![]() |
DOSIS
COMPAÑÍA UNAIUNA
|
![]() |
SINGLE
ARNAU PÉREZ
|
![]() |
ON ALBA FERNÁNDEZ COTELO - CÍA EXIRE
|
![]() |
VERTEBRATA ALEJANDRA BALBOA
|
![]() |
VAMOS ÁNGEL GARCÉS
|







