Obradoiro de cómic | Día da Banda Deseñada

A Biblioteca de Galicia organiza o vindeiro 30 de abril un obradoiro de creación dun cómic, con motivo da conmemoración do Día da Banda Deseñada.

Esta actividade, dirixida polo ilustrador Yago García, afonda nas técnicas e métodos creativos precisos para a creación dun cómic en tempo récord. Dende a xestación da idea, pasando polos bosquexos, o deseño dos personaxes e a posterior composición de escenas e montaxe final, a rapazada asistente será quen de levar as súas ideas a un novo nivel.

O Gaiás exhibe obras de Man Ray, Le Corbusier, Dalí ou Ray Eames na mostra "Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020"

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020, unha exposición que chega a Compostela froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación ”la Caixa” e o Vitra Design Museum de Alemaña, un dos museos máis importantes do mundo no eido do deseño.

Santiago de Compostela, 07 de Abril de 2022

A exposición ‘Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño’ ultima a súa montaxe no Museo Centro Gaiás

A Xunta e a Fundación ”la Caixa” inauguran este xoves 7 de abril no Museo Centro Gaiás a exposición Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924 – 2020, que explora o intercambio e diálogo entre arte surrealista e deseño contemporáneo ao longo dos últimos 100 anos. A mostra, que abrirá as súas portas ao público ao día seguinte (venres 8 de abril), está organizada pola Fundación "la Caixa" e o Vitra Design Museum, un dos museos máis importantes do mundo no eido do deseño, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura e no marco do Xacobeo 21-22.

Santiago de Compostela, 04 de Abril de 2022

Obradoiro Lenzo en negro | Día das Artes Galegas

Con motivo da conmemoración do Día das Artes Galegas, a Biblioteca de Galicia organiza o vindeiro 9 de abril un obradoiro arredor da figura de Xosé Otero Abeledo -Laxeiro-, artista homenaxeado este ano 2022.  

Esta actividade ten como obxectivo dar a coñecer entre o público máis novo un nome decisivo para a arte galega do s. XX. Da man do pintor Borja Guerrero, Lenzo en negro achéganos dun xeito lúdico ao legado artístico dunha figura emblemática.

Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020

Desde os seus inicios, o surrealismo inspirouse no deseño e nos obxectos cotiáns e alterounos para facelos máis fantasiosos, oníricos, irónicos, terroríficos ou emocionais. Malia todo, o impacto deste movemento artístico sobre o deseño é tan intenso como pouco coñecido. Desde que fora presentado oficialmente en 1924 co Manifesto do Surrealismo de André Breton, esta corrente artística impulsou a deseñadores e deseñadoras críticos co racionalismo a cuestionar a realidade que se agocha tras o visible, a deseñar obxectos que rompen coa rutina e escapan do cotián.

A figura de Laxeiro é reivindicada pola Xunta na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cunha mostra que chegará a París, Madrid, Santiago e Lalín

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, xunto coa conselleira de Cultura, Turismo e Deporte da Comunidade de Madrid, Marta Rivera de la Cruz, a exposición Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970), mostra que se exhibirá en París, Madrid, Santiago de Compostela e Lalín.

Santiago de Compostela, 28 de Marzo de 2022

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS