A Cidade da Cultura continúa neste 2022 co seu ciclo Matinais Musicais para as mañás da fin de semana. Despois da programación de outono achega nestes meses de inverno tres propostas para gozar de creacións con estilos tan diversos como orixinais.
Nesta ocasión contaremos coa colaboración de Leticia Rey, cantautora encargada de abrir este ciclo o sábado 5 de febreiro. Ademais, para o día 12 deste mesmo mes coñeceremos a fusión de música e humor de Mateo Lai e Alba Rubió, que conforman Ual·la!. Xa para marzo, o día 5, poderemos deleitarnos coa música contemporánea de Multiplensemble.
| 5 FEB | Leticia Rey | 12 FEB | Ual·la! | 5 MAR | Multiplensemble |
![]() |
![]() |
![]() |
|
Leticia Rey interpretará cancións con música e letra propias, en inglés e castelán, incluídas no seu primeiro EP. O repertorio reflicte a súa paixón por expresarse a través da música con melodías inspiradoras e sons persoais etéreos con toques de jazz, folk e indie que enchen de paz a quen escoita. Merca aquí a túa entrada |
¡PLAY! é o espectáculo no que se une música e humor con conciencia e intelixencia. Ual·la! convida ao xogo permanente relacionando elementos dispares sen un sentido concreto, facendo do cotiá e simple algo creativo e artístico. Para iso válense de polifonías vocais e ritmos de percusión nunha mesa. Merca aquí a túa entrada |
“Perspectivas” reúne varias pezas musicais, caracterizadas polo ritmo e a melodía, que nos introducen no mundo da música actual a través dun itinerario polos continentes europeo, asiático e americano. Escollidas sen ningún nexo aparente, a non ser que todas están escritas no presente século. Merca aquí a túa entrada |
As entradas para cada concerto poden adquirirse en Ataquilla.com. Preme sobre cada unha das imaxes de arriba para acceder directamente á compra. Nas ligazóns de abaixo poderás consultar información ao detalle sobre cada concerto.





