Convocatoria de iniciativas culturais emprendedoras e desenvolvemento de proxectos - CEM

O Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura abre as súas portas a iniciativas culturais emprendedoras e proxectos que busquen un espazo dinámico e creativo no que desenvolverse. Tanto no Viveiro Gaiás como no Espazo de cotraballo do CEM disporán dun lugar idóneo para traballar, dar forma a novas propostas e crear sinerxías nunha contorna dinámica e colaborativa

A convocatoria diríxese a:

Visitas comentadas | Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970)

Podes visitar Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970) con entrada libre e de balde cando queiras, pero se che apetece afondar máis no seu significado e nas obras que compoñen a exposición, centrada na época na que o artista máis importante da vangarda pictórica galega do século XX se instalou en América, considerada a súa etapa de madurez,  podes reservar praza para as nosas visitas comentadas.

Xornadas clausura conmemoración centenario Luz Pozo Garza (1922-2022)

O Arquivo de Galicia pecha os actos conmemorativos organizados durante este 2022 por mor do centenario do nacemento da escritora Luz Pozo Garza, cunha xornada na que se reflexionará sobre unha figura tan importante na literatura galega e española a través dunha conferencia e unha mesa redonda. Durante o acto, será presentado o catálogo realizado con motivo da exposición "Constelación Luz", que aínda pode visitarse ata o 17 de outubro no vestíbulo do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia.

O canto tradicional xaponés, o jazz, e a música contemporánea protagonizan as ‘Matinais Musicais’ de outono

A Xunta programa na Cidade da Cultura tres novos concertos do ciclo Matinais Musicais para este outono que achegan ao público as últimas creacións musicais de vangarda, o jazz e impulsan o diálogo entre Xapón e Galicia a través da música. Serán tres actuacións nas mañás dos domingos o 25 setembro, o 23 de outubro e o 27 de novembro e as entradas pódense adquirir xa a través de Ataquilla.

Santiago de Compostela, 17 de Setembro de 2022

Matinais musicais infantís | Corresponsables no Gaiás | Outono 2022

Co obxectivo de favorecer a conciliación das nais e pais que asisten ás Matinais Musicais, a Cidade da Cultura promove unha serie de actividades lúdicas e didácticas, de carácter gratuíto, nas que a cativada poderá coñecer, a través do xogo, diferentes aspectos relacionados coa música que se escoitará en cada un dos concertos do ciclo.

EAN: Máis de 800 páxinas para percorrer o devir da creación emerxente da última década

Con motivo do EAN12, editamos unha fermosa publicación conmemorativa do Encontro de Artistas Novos, que nos permite mergullarnos, da A a Z, nos centos de artistas, emerxentes e consolidados/as, que neste tempo amosaron o seu traballo no Gaiás na que xa é unha das citas imprescindibles da creación contemporánea en España.

Galego

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS