O Galiverso empeza aquí

O Galiverso empeza aquí é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de amosar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural, etc.) dun xeito diferente. Sen saír da Cidade da Cultura, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, ollar A Coruña desde o alto da lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias.

«El secreto de Julio Verne» | Fantastique Company 

A véspera de aninovo, Valérie descobre que a casa que sempre foi o seu fogar se vai converter nun museo e ela e a súa familia terán que mudarse. Triste e enfadada pola nova, decide agocharse no seu lugar favorito da casa, o gabinete do seu avó, Julio Verne. Con esta suxestiva proposta arrinca este espectáculo de teatro textual, desenvolvido pola dramaturga Irene Santos a partir das novelas de Verne.

4ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia 2022 | A biblioteca pública, unha personalidade creativa

A 4ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia desenvolverase o 24 de outubro de 2022, coincidindo co Día das Bibliotecas, no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Promovida pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, é un foro de encontro e debate no que os e as profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia terán a oportunidade de compartir, reflexionar e aprender en torno á mellora dos servizos bibliotecarios.

Xuízo Alvia (P.A. 463/2021)

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o xuízo oral polo accidente do tren do Alvia ocorrido en xullo de 2013. O xuízo, que comeza o 5 de outubro de 2022, prolongarase por un prazo estimado de 9 meses. No proceso hai 446 persoas prexudicadas que reclaman, as cales están agrupadas en 154 acusacións, asistidas por 110 letrados/as e representadas por 47 procuradores/as. Ademais, hai 53 prexudicados/as que non están representados/as por avogado/a e procurador/a, polo que a acusación a exercerá o Ministerio Fiscal.

Convocatoria para incorporar iniciativas culturais, sociais e tecnolóxicas no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura

A Xunta de Galicia lanza unha convocatoria para o aloxamento de proxectos e empresas culturais, sociais e tecnolóxicas no Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura. Poderán concorrer á mesma iniciativas emprendedoras e profesionais das industrias culturais e tecnolóxicas, así como entidades sen fins lucrativos, que busquen un espazo dinámico e creativo no que desenvolverse.

Santiago de Compostela, 03 de Outubro de 2022

4 proxectos artísticos ligados á realidade virtual, á innovación téxtil, á saúde mental e ao patrimonio sonoro súmanse ás residencias do Gaiás

A Xunta de Galicia vén de dar a coñecer os proxectos beneficiarios da convocatoria das Residencias Artísticas do Gaiás – REGA para este ano 2022.

Santiago de Compostela, 01 de Outubro de 2022

Ano Santo: o rexurdimento dun camiño para todos e todas

A mostra bibliográfica Ano Santo: o rexurdimento dun camiño para todos e todas brinda unha ollada rápida á evolución do fenómeno xacobeo nos últimos setenta anos a través dos seus documentos. Esta exposición da Biblioteca de Galicia permite achegarse tanto a material impreso vencellado á organización e promoción dos Anos Santos, como  a diferentes obras de creación xurdidas da vivencia dos homes e mulleres que fixeron o Camiño.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS