O 'Galiverso' amplía capacidade e contidos logo recibir máis de 1.000 visitas no Gaiás

Un total de 1.266 persoas entraron xa no Galiverso desde a súa apertura o pasado 20 de outubro na Cidade da Cultura. O proxecto de realidade virtual, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, recibiu 40 visitantes de media cada día neste período, que puideron gozar da ducia de experiencias de realidade virtual que se ofertan no Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 11 de Decembro de 2022

Nadal no Gaiás trae obradoiros, teatro, visitas especiais e unha edición renovada do Galiverso para gozar en familia

A Consellería de Cultura vén de dar a coñecer a programación para este ano do Nadal no Gaiás, cunha variada oferta pensada para gozar en familia. As actividades darán comezo o 16 de decembro co tradicional acendido da iluminación exterior e da Árbore de Nadal da Cidade da Cultura, e inclúen visitas especiais ao museo, obradoiros creativos, teatro e toda unha nova serie de experiencias de realidade virtual no Galiverso.

Santiago de Compostela, 05 de Decembro de 2022

O Gaiás achega a Tui un percorrido en imaxes polo Camiño Portugués a través da ollada de 35 fotógrafos dos dous lados da Raia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na sala de exposicións municipal do concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha mostra fotográfica que se asoma, a través de 71 instantáneas dos séculos XIX, XX e XXI, ás realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 01 de Decembro de 2022

Visita familiar á exposición «De lugares e cousas» | Nadal no Gaiás

Neste Nadal a Cidade da Cultura énchese de actividades para gozar en familia nestes días tan propicios para pasar tempo xuntos. Entre as nosas propostas, programamos uns percorridos moi especiais polas exposicións e a arquitectura do Gaiás, para comprender dunha maneira moi divertida a creación artística e arquitectónica que abrangue este complexo. 

Ás para Álex. Teatro | Nadal no Gaiás 2022-2023

Álex é un neno como calquera neno de 8 anos ao que lle encanta correr, xogar, saír cos amigos, ir ao parque... e ten ademais unha paixón: o fútbol. Pero un día ten que deixalo todo porque o seu corpo non responde, non camiña. E como calquera neno, Álex enfádase. Enfádase coa súa mamá, coa súa irmá, co seu can, ata co fútbol. Álex enfádase co mundo e repítese sen para a pregunta por que eu? por que? por que?

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra | Tui

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada.

En concerto cos Trasnos do Nadal

A Biblioteca de Galicia trae para o Nadal un animado concerto para a cativada con carácter didáctico. Con cinco instrumentos como son a gaita, o acordeón, a percusión, o ukelele e a voz, e cunha escenografía que recrea unha Galicia imaxinaria, presentarase a vida dos trasnos galegos ao longo de todo o ano ata chegar ao Nadal, época na que  teñen que axudar ao Apalpador.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS