Luz Pozo Garza é recordada no día no que cumpriría cen anos cun concerto no Gaiás que pon música ao seu poemario ‘Sol de Medianoche’

A Xunta presentou hoxe o concerto Sol de Medianoche co que completa a súa homenaxe á escritora Luz Pozo Garza no ano do centenario do seu nacemento. Os seus poemas musicados poderán escoitarse mañá, 21 de xullo, coincidindo co día no que cumpriría cen anos, no auditorio do Edificio Fontán na Cidade da Cultura, coa interpretación do Quinteto de Cordas Schubert e a mezzosoprano Joana Thomé.

Santiago de Compostela, 22 de Xullo de 2022

Presentamos 'Retorno Arnoia', videoxogo deseñado polo alumnado da UVigo na primeira residencia artística de creación dixital no Gaiás

A Cidade da Cultura acolleu esta mañá a presentación do prototipo de videoxogo Retorno Arnoia, resultado do traballo realizado polo alumnado na Universidade de Vigo na primeira residencia artística enfocada á creación dixital impulsada de maneira conxunta pola Xunta e a institución viguesa. A directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, subliñou a experiencia como pioneira no marco das accións que o Gaiás está a desenvolver para apoiar a creación artística e cultural en Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de Xullo de 2022

Fogos do Apóstolo 2022 no Gaiás

Domingo 24 de xullo 

Na noite do domingo 24 de xullo de 2022, os Fogos do Apóstolo lánzanse desde cinco localizacións diferentes de Santiago, entre elas o monte Gaiás —ademais da Alameda, o Parque de Eugenio Granell (no Restollal), as Cancelas e o Parque de Carlomagno (nas Fontiñas)—. Para que o público poida contemplar o espectáculo pirotécnico, o recinto da Cidade da Cultura prolongará o seu horario habitual e tanto os aparcamentos como os espazos exteriores estarán abertos ata as 2.00 da madrugada.

O Gaiás acolle o V Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia con 600 rapaces e rapazas de 12 agrupacións

A Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe durante toda a xornada a V edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que arredor de 600 músicos novos, de 12 formacións musicais, interpretan os repertorios elixidos para a ocasión.

Santiago de Compostela, 10 de Xullo de 2022

A escritora Ledicia Costas, na Residencia Literaria da Cidade da Cultura

O director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, acompañado da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, deu a benvida no Gaiás á escritora Ledicia Costas, que mantivo un encontro coas dez persoas participantes na Residencia Literaria 2022 que presta apoio e acompañamento a creadoras e creadores emerxentes e inéditos.

Santiago de Compostela, 07 de Xullo de 2022

Aberta a convocatoria de residencias das REGA 22 para proxectos de artes plásticas, escénicas, musicais ou de deseño

As Residencias artísticas do Gaiás - REGA veñen de lanzar a súa convocatoria de 2022 na procura de proxectos culturais vencellados ás artes visuais, escénicas, musicais e ao deseño. Serán seleccionadas un máximo de catro propostas –unha por cada área–, e os seus promotores recibirán unha bolsa dotada con 8.000 euros e realizarán unha residencia de entre tres semanas e mes e medio na Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 06 de Xullo de 2022

Convocatoria REGA 22 | Residencias artísticas do Gaiás

As Residencias artísticas do Gaiás - REGA lanzan a súa convocatoria de 2022 na procura de proxectos culturais vencellados a algunha das seguintes categorías: artes visuais, artes escénicas, artes musicais e deseño. Os creadores e creadoras seleccionadas recibirán unha bolsa dotada con 8.000 euros para materializar as súas propostas e realizarán unha residencia de entre tres semanas e mes e medio na Cidade da Cultura.

Sol de Medianoche | Concerto homenaxe a Luz Pozo Garza

No marco da programación para celebrar o centenario do nacemento de Luz Pozo Garza, o Arquivo de Galicia, celebra un concerto homenaxe na súa memoria a cargo da mezzosoprano Joana Thomé e o quinteto de cordas Schubert, que interpretarán un programa baseado nos poemas do libro da autora Sol de Medianoche, con lectura dalgúns dos seus fragmentos.

 Quinteto de cordas Schubert

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS