Experimentos 'Esta auga está moi fría!' | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2022

Qué o afloramento costeiro? Por qué a auga do mar está más fría nunhas praias ca noutras? Por qué unhas praias están cheas de lixo e outras limpas? Cómo vai afectar a subida do mar ás nosas costas? Cómo inflúe nas nosas vidas o clima oceánico?

Neste obradoiro faremos unha serie de experimentos sinxelos empregando materiais que podemos atopar nas nosas cociñas para dar resposta a estas preguntas.

O obxectivo é entender os principais fenómenos oceanográficos que afectan ás costas galegas e ter a oportunidade de conversar destes fenómenos cun oceanógrafo.

Obradoiro 'E que rico sabe o mar!' | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2022

Este obradoiro organízase para rapazas e rapaces de entre 10 a 12 anos. O desenvolvemento da actividade estará baseado no contacontos interactivo do cómic “E que rico sabe o mar!”, editado polo IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) do CSIC.

Daráselles aos participantes a oportunidade de gozar, de forma amena e entretida, de contidos rigorosos e adaptados á súa idade, sobre os alimentos de orixe mariña (pesca e acuicultura), e a trazabilidade, conservación e revalorización dos mesmos, entre outros.

Obradoiro 'Deseñando o noso escudo familiar' | Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca de Galicia 2022

Sabemos por qué o símbolo da casa Gryffindor de Harry Potter é un león? Ou por qué as cores da casa Slytherin son o verde e o prateado? Será porque o noso Harry é valente aínda que ás veces imprudente coma os leóns ou porque Draco Malfoy é astuto e ambicioso coma as serpes?

Aínda que a orixe dos escudos xorde na Idade Media, hoxe en día comprobamos que estas representacións poden aplicarse de forma moi variada e con obxectivos moi distintos.

Camiños creativos

Camiñamos para descubrir, tanto o propio coma o alleo e, tamén, camiñamos para crear. A exposición Camiños creativos explora o vencello entre movemento e arte e afonda en como o desprazamento a pé é determinante no proceso creador. Na recta final deste Xacobeo, Camiños creativos é tamén o gran proxecto expositivo internacional co que o Goberno galego despide esta cita ata a súa vindeira edición.

'De lugares e cousas' reúne a obra de tres xeracións de artistas contemporáneos na Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o director xeral de SabadellGallego, Pablo Junceda, e o director da Colección de Arte Banco Sabadell, Miquel Molins, inauguraron hoxe no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura De lugares e cousas, exposición que explora a evolución da arte contemporánea a través das obras de tres xeracións de artistas que reflexionan sobre os símbolos, significados e sen

Santiago de Compostela, 21 de Outubro de 2022

O Museo Gaiás abre o 'Galiverso', un espazo que difunde o patrimonio galego a través da realidade virtual

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a apertura de O Galiverso empeza aquí, unha iniciativa tecnolóxica, cultural e educativa da Xunta para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial galego a través do emprego de tecnoloxías inmersivas.

Santiago de Compostela, 20 de Outubro de 2022

De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell

Por definición, un lugar é espazo determinado capaz de acoller unha cousa calquera. O que nos permite caracterizar e distinguir un lugar de outro é precisamente a natureza do que contén (persoas, cousas, pensamentos) e os procesos e o tempo nos que foi constituído. Memoria, identidade, pertenza ou límite son algúns dos conceptos fundamentais que ligamos aos lugares e os dotan de sentido para nós.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS