Podes visitar Foi un home. Laxeiro en América (Buenos Aires, 1950-1970) con entrada libre e de balde cando queiras, pero se che apetece afondar máis no seu significado e nas obras que compoñen a exposición, centrada na época na que o artista máis importante da vangarda pictórica galega do século XX se instalou en América, considerada a súa etapa de madurez, podes reservar praza para as nosas visitas comentadas. O equipo de guías da Cidade da Cultura de Galicia ofreceravos un excepcional percorrido para orientarvos sobre a peculiaridade da obra de Laxeiro durante estes anos.
Comisariada por Carlos L. Bernárdez, historiador e crítico de arte, Foi un home. Laxeiro en América (Buenos - Aires, 1950 -1970) reúne corenta pezas procedentes de diversas institucións como o Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, o Museo de Pontevedra ou Afundación, centradas na época de madurez deste lalinense internacional que se instalou en Arxentina durante vinte anos, mergullándose no ambiente intelectual da capital porteña, foco da emigración e o exilio galego.
INFORMACIÓN DE INTERESE
- De balde
- As visitas comentadas precisan reseRva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade.
- Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
- A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
- Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.
