Clásicas Desfeitas vol. 7 e 8 | «Canta máis luz, máis sombra»

Sor Juana Inés de la Cruz e Rosalía de Castro, figuras fundacionais das literaturas mexicana e galega, protagonizan os volumes 7 e 8 do ciclo Clásicas Desfeitas. Canta máis luz, máis sombra é o título deste díptico que se constrúe a partir do diálogo cruzado entre o Centro Dramático Galego (CDG) e a Compañía Nacional de Teatro de México (CNT). Ambas producións desenvólvense dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás – REGA23.

Clásicas Desfeitas vol. 6 | «As dúas marxes de Antígona»

O ciclo Clásicas Desfeitas comeza en 2023 tomando a figura da Antígona de Sófocles como punto de partida para reflexionar, desde o presente, sobre a lei, a transgresión e a xustiza. O director artístico de El Mura, Iván Solarich, reúne un elenco internacional formado por artistas de Galicia, Portugal e Uruguai para dar forma a esta renovada versión da traxedia grega dentro das Residencias Artísticas do Gaiás – REGA23.

'Detrás do espello' amosa a ollada de Galicia de 50 grandes nomes da cultura universal como Borges, Einstein, Buñuel, Lorca ou Hemingway

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a exposición Detrás do espello, un proxecto que percorre a pegada de Galicia na vida ou na obra de medio centenar de grandes nomes da cultura universal, desde García Márquez, Albert Einstein, Ernest Hemingway, Luis Buñuel, Federico García Lorca, Julio Cortázar, Mike Oldfield, David Chipperfield, Anna Tur

Santiago de Compostela, 06 de Marzo de 2023

Convocado o #EAN13 para apoiar o traballo de 40 creadores emerxentes

A Xunta vén de convocar a XIII edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura – EAN que, co obxectivo de apoiar o talento emerxente, ofrece a 40 novas figuras da creación contemporánea a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que presentar o seu proxecto creativo persoal e compartir coñecementos e aprendizaxes con outros artistas noveis, e tamén consolidados nomes do panorama contemporáneo.

Santiago de Compostela, 03 de Marzo de 2023

O Gaiás exhibe por vez primeira en España o diario de Stefan Zweig no que describe a súa visita a Vigo e vaticina o ascenso do nazismo en Europa

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura á instalación en sala dunha das obras máis destacadas que se exhibirán na exposición Detrás do espello: o diario manuscrito do escritor austríaco Stefan Zweig, que por vez primeira se pode ver en España.

Santiago de Compostela, 02 de Marzo de 2023

A Casa das Letras | Obradoiro Día da Narración Oral

A Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro A Casa das letras para celebrar o Día da Narración Oral. Nel, a cativada construirá de maneira sinxela os seus propios monicreques de cartón e papel, tendo as letras como protagonistas. Algunha vez pensaras que fan as letras mentres alguén as convida a participar nun conto? Agora podedes descubrilo visitando a súa casa.

XIII Encontro de Artistas Novos: #EAN13

O Gaiás convértese por décimo terceiro ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes teñen a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Chega o XIII Encontro de Artistas Novos, #EAN13, que se celebra do 27 ao 31 de agosto de 2023, coordinado unha edición máis por Rafael Doctor.

As REGA23 impulsan os intercambios artísticos entre Galicia, América Latina e Portugal

A Xunta vén de presentar o programa de Residencias Artísticas do Gaiás, REGA23, que prestará apoio ao desenvolvemento dunha vintena de novas propostas de vangarda aproveitando os espazos e recursos técnicos da Cidade da Cultura. Nesta edición, as residencias reforzan os seus vínculos con entidades galegas que traballan no ámbito da cultura e con organizacións e artistas de América Latina e da lusofonía en liña cos obxectivos do Plan Xeración Cultura.

Santiago de Compostela, 16 de Febreiro de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS