O Gaiás celebra o Día da Danza con «Bailador», de Óscar Cobos

A Cidade da Cultura celebra o sábado 29 de abril o Día Internacional da Danza co espectáculo Bailador, unha peza de danza galega contemporánea na que Óscar Cobos Compañía de Danza pon en escena a nove bailadoras ao son das músicas de Berrogüetto para render unha dobre homenaxe: á raíz da nosa danza tradicional e á traxectoria dun grupo que soubo reinventar a música galega.

Santiago de Compostela, 17 de Abril de 2023

Última semana para afondar na obra de 36 referentes da arte contemporánea na mostra ‘De lugares e cousas’

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura despide este domingo 16 de abril a exposición De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell, unha mostra que percorre a evolución da arte contemporánea desde a segunda metade do século pasado ata os nosos días a través de 41 obras de 36 artistas entre os que se contan algunhas das figuras máis destacadas da creación plástica do século XX en Galicia, España e Portugal.

Santiago de Compostela, 11 de Abril de 2023

O Día do circo celébrase na Cidade da Cultura co espectáculo ‘Doppio zero’ que combina malabarismos con bicicleta acrobática e suspensión sobre mastro

A Cidade da Cultura presenta un espectáculo circense familiar o sábado 22 de abril para conmemorar o Día do Circo —que se celebra o día 15— a cargo da compañía Cía. Carpa Diem, conformada por dous artistas italianos. Doppio Zero é unha función que combina diversas disciplinas como acrobacias sobre bicicleta, suspensión aérea sobre mastro, clown ou malabarismos.

Santiago de Compostela, 11 de Abril de 2023

«Camiños creativos» despídese do Museo Gaiás: derradeiros días para visitar esta exposición internacional

A Cidade da Cultura de Galicia despide o domingo 9 de abril a exposición Camiños creativos, un percorrido pola relación entre arte e movemento desde o século XVIII ata os nosos días, que amosa no Museo Centro Gaiás obras de grandes mestres da pintura e da fotografía —desde Turner, a Constable, Courbet, Sorolla ou Cartier-Bresson— e referentes da creación contemporánea máis actual.

Santiago de Compostela, 04 de Abril de 2023

«Bailador», de Óscar Cobos Compañía de Danza | Día da Danza 2023

«O noso baile ten as raíces afundidas na terra.
Na mesma terra onde as bailadoras labramos as leiras do silencio»

Bailador é unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto, unha obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe á nosa danza de raíz e a un grupo que transformou o xeito de entender e interpretar a música tradicional. 

Sobre Sorpresa. Aldaolado

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, terá lugar no Auditorio da Biblioteca de Galicia a función Sobre Sorpresa. Un espectáculo familiar a cargo do dúo Aldaolado cuxo fío condutor é unha reflexión sobre o fracaso na sociedade. 

Lucía Aldao e María Lado caracterízanse pola súa particular forma de expresarse combinando poesía, música e humor na súa posta en escena.

Sesións do xogo 'Peregrinos en Gotland' | Camiños creativos

Na recta final da mostra Camiños creativos, o creador Juanma González exercerá de gamemaster do seu xogo de mesa Peregrinos en Gotland para todas aquelas persoas que se animen a xogar con el unha partida. A actividade desenvolverase entre as 16 e 19 horas, na propia sala de exhibición, entre o 31 de marzo e o 9 de abril (excepto o luns 3, que permanecen pechadas as exposicións do Museo).

Galiverso somerxido

Benvidos ao Galiverso somerxido, unha viaxe única para descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas. Desde o Museo Centro Gaiás, montados nun batiscafo e coa axuda das lentes de realidade virtual, exploraremos os fondos mariños da costa galega, aprendendo sobre a fauna e flora que habita neles, así como sobre episodios históricos singulares nos que o mar foi protagonista. Unha travesía que busca tamén concienciar sobre a importancia histórica, económica e medioambiental dos nosos mares e a necesidade de coidalos.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS