A Cidade da Cultura organiza con motivo do Día Internacional da Muller un Bookcrossing moi especial. Durante unha semana podedes depositar e recoller libros nas instalacións do Gaiás, facendo unha cadea de intercambio e compartindo así lecturas con outras persoas. A premisa é que eses libros teñan que ver coa muller, ben porque sexan as autoras ou porque teñan que ver dalgunha forma co contido. Así, os exemplares terán unha segunda vida e as persoas lectoras unha oportunidade de intercambiar coñecemento.
Onde podes deixar e recoller os libros?:
- Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás
- Espazo ON
- Entrada do Edificio Fontán
- Cafetería do Museo
- Cafetería do CINC
En cada un dos espazos atoparás un punto habilitado para poder depositar os libros e levar algún dos que atopes e che interese.
Ademais, podes entrar na páxina oficial de Bookcrossing en España www.bookcrossing-spain.com, rexistrar o libro que queres intercambiar e apuntar o código que xere a web para poder facer un seguimento do seu percorrido.

Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Feb - Set 2026
De martes a domingo
7 — 8 Mar 2026
12.00 h











