Visitas comentadas | Detrás do espello

Como nos ve a xente de fóra de Galicia? Nesta visita guiada á mostra Detrás do espello descubrirás, da man do noso equipo de guías, unha ollada diferente do noso país a través de recoñecidos nomes da literatura, as artes plásticas, a fotografía, o cinema, a ciencia e o pensamento, que desde diferentes recantos do mundo afondaron na realidade galega ou se deixaron inspirar por ela.

Comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís García Canido, a mostra recolle as visións de Galicia de medio centenar de grandes nomes da cultura universal do último século, testemuñas que abranguen desde Gabriel García Márquez a Albert Einstein, Luis Buñuel, Isabel Coixet, Julio Cortázar, Anna Turbau, José Luis Cuerda, Cristina García Rodero, Stefan Zweig ou Federico García Lorca, entre outros.

Información a ter en conta

  • De balde
  • As visitas comentadas precisan reserva previa: podes comprobar na columna da dereita as datas, horario e dispoñibilidade.
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • A exposición pode tamén visitarse por libre, sen guía, sen necesidade de reserva previa.
  • Deberán seguirse en todo momento as instruccións do persoal responsable da visita.