#EAN13: publicada a listaxe das 40 persoas seleccionadas para participar no XIII Encontro de Artistas Novos

Xa está publicada listaxe provisional cos nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes seleccionadas para participar no XIII Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, #EAN13. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 28 e o 31 de agosto- poderán presentar o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.

Santiago de Compostela, 09 de Xuño de 2023

Atardecer no Gaiás 2023

Consolidado como un dos eventos musicais a non perder no verán compostelán, o ciclo de concertos ao aire libre de Atardecer no Gaiás programa este ano 18 citas para alongar os solpores de xullo e agosto gozando da mellor música en vivo. O cartel deste ano inclúe populares artistas nacionais, como os rapeiros Juancho Marqués e Bejo, o pop con aires electrónicos de Rocío Saiz e Natalia Lacunza, ou o punk rock de Biznaga.

A Cidade da Cultura presenta un 'Verán no Gaiás' con novas exposicións, un vintena de concertos, espectáculos familiares de gran formato e campamentos urbanos

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, programa para este Verán no Gaiás medio cento de actividades pensadas para todos os públicos e cun amplo e variado abano de contidos, que inclúen música, campamentos urbanos, grandes espectáculos familiares de circo, maxia e rock e novas exposicións para gozar da arte dentro e fóra do Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 07 de Xuño de 2023

Reb/veladas na paisaxe (IV)

A cuarta edición de Reb/veladas na paisaxe, ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás, mantén a súa aposta por levar a arte máis aló das paredes do Museo, poñendo en valor as zonas naturais da Cidade da Cultura. Desde os seus inicios, o ciclo busca tamén dar visibilidade á presenza da muller en todos os eidos da arte contemporánea. Unha arela que se se materializa na escolla das comisarias e artistas que forman parte cada ano do proxecto, e que reflicten a diversidade no campo creativo.

Intervencións:

Visitas didácticas | Curso 2023-2024

Durante o curso escolar, a Cidade da Cultura oferta un completo programa de visitas didácticas presenciais en diferentes quendas horarias a escoller. As grandes exposicións temporais do Museo Centro Gaiás protagonizan esta oferta educativa para os centros de ensino, no que non faltan tampouco os percorridos comentados para coñecer a arquitectura e a contorna verde do Gaiás.

A Xunta apoia a creación contemporánea coa convocatoria de catro axudas de 8.000 euros para artistas que desenvolvan proxectos no Gaiás

A Xunta de Galicia vén de lanzar a segunda edición das axudas ao desenvolvemento de proxectos de creación contemporánea no marco do programa de Residencias Artísticas do Gaiás. Cada persoa beneficiaria recibirá unha achega económica de 8.000 euros e realizará unha estancia de entre tres semanas e mes e medio na Cidade da Cultura, nos meses de setembro a novembro de 2023.

Santiago de Compostela, 07 de Abril de 2023

Axudas REGA 2023 | Residencias artísticas do Gaiás

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, convoca unha nova edición das axudas REGA para o desenvolvemento de residencias artísticas no Gaiás. Poderán participar creadoras e creadores con proxectos vencellados ás artes visuais, escénicas, musicais ou de deseño. Esta iniciativa pretende o apoio á creación contemporánea de persoas que desenvolvan estadías de traballo, de entre tres semanas e mes e medio máximo, nos espazos dispoñibles na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

O Bosque de Galicia suma unha intervención artística de Acisclo Manzano concibida como lugar para a conexión espiritual e coa natureza

A Xunta de Galicia amplía os atractivos do Bosque de Galicia como espazo de lecer e cultura coa inauguración de O prisma dos sentidos, intervención artística realizada polo escultor Acisclo Manzano. Concibida como un lugar de meditación e espiritual, a obra evoca as formas dunha capela contemporánea erixida na contorna do monte Gaiás.

Santiago de Compostela, 30 de Maio de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS