Ioga no Gaiás | Día do Medio Ambiente 2023

Se che apetece comezar o día con enerxía a mañá do domingo 4 de xuño é ideal para conectar coa natureza e participar nunha clase de ioga ao aire libre.

 A actividade terá lugar nun marco que inspira moita calma como é o Parque do Lago, no monte Gaiás, e estará inspirada en cinco elementos: terra, auga, fogo, aire e éter. Ademais,  poderás coñecer os espazos verdes das inmediacións da Cidade da Cultura.

A clase será impartida por Paula Toimil, compoñente do Servizo de Educación e Mediación da Fundación Cidade da Cultura e profesora de ioga certificada.

Carreira Holi Gaiás: un convite a festexar a primavera o sábado 3 de xuño no Gaiás

A Cidade da Cultura volve acoller o sábado 3 de xuño a colorida e festiva carreira Holi Gaiásque vai pola súa quinta edición. A proba terá lugar nos exteriores do Gaiás a partir das 12,00 horas da mañá e contará cun percorrido de cinco quilómetros nos que non faltará a tradicional poeira de cores coa que se identifica esta proposta lúdica e deportiva.

Santiago de Compostela, 15 de Maio de 2023

Unha exposición da obra bibliográfica de Fernández del Riego para festexar as Letras Galegas no Gaiás

A Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura abriu ao público a exposición Francisco Fernández del Riego. A cultura galega como motivo de vida, co gallo da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas dedicadas ao autor.

Santiago de Compostela, 11 de Maio de 2023

'Escenas do cambio' comeza cunha experiencia de teatro itinerante para redescubrir Santiago de Compostela

O festival de danza, teatro e arte en acción Escenas do cambio —promovido pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura— comeza este xoves 4 de maio tres xornadas dedicadas ás artes escénicas de vangarda. A obra itinerante Aquí mentres camiñamos, do brasileiro Gustavo Ciríaco e a austríaca Andrea Sonnberger, será a encargada de inaugurar esta novena edición, cunha orixinal proposta na que público e artistas compartirán unha experiencia de descubrimento polas rúas de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 03 de Maio de 2023

Trasládase ao interior do Museo Gáiás o espectáculo «Bailador» pola previsión de choiva

A Cidade da Cultura súmase o sábado 29 de abril á conmemoración do Día Internacional da Danza co espectáculo Bailador, unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto e producida por Óscar Cobos Compañía de Danza. Por mor da previsión de choiva, a representación terá lugar no interior do Museo Centro Gaiás, en lugar de ao aire libre como estaba previsto inicialmente.

Santiago de Compostela, 28 de Abril de 2023

Licitación do servizo de restauración e cafetería da Cidade da Cultura

A Fundación Cidade da Cultura ten aberto o concurso para adxudicar a explotación do servizo de restauración e cafetería do complexo do Gaiás, que suma a espazos actualmente en funcionamento (como a Cantina do Gaiás, o restaurante-cafetería do Museo e a a cafetería O Roupeiro no edificio CINC) un novo espazo de restauración no Edificio Fontán. Os pregos e condicións poden consultarse na páxina Contratos de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de Abril de 2023

Maker Faire Galicia 2023

Volve a Maker Faire Galicia ao Museo Gaiás para a súa novena edición do 1 ao 4 de xuño. Un evento híbrido que favorece a innovación tanto a nivel social, como educativo ou profesional.

O evento está dividido en 4 xornadas cunha gran seleción de proxectos, nas cales haberá referentes tanto nacionais como internacionais nos ámbitos da educación STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts e Mathematics), a intelixencia artificial, a arte, os videoxogos, a biotecnoloxía, a enerxía, a divulgación científica ou a innovación inclusiva.

A Fundación Castelao contará cunha sede no Gaiás onde desenvolverá actividades culturais e divulgativas

A Xunta de Galicia e a Fundación Castelao veñen de ratificar un acordo polo que se cede a esta institución un espazo na Cidade da Cultura para a instalación dunha sede e a realización de actividades culturais e de divulgación ao redor da figura do creador e escritor de Rianxo. O convenio foi asinado hoxe no Gaiás polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez González, e o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane.

Santiago de Compostela, 18 de Abril de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS