Camiñar nun exercicio de diálogo coa contorna

Unha xornada no Gaiás: descubrindo a súa riqueza artística e natural

Longas sendas peonís e áreas de lecer agóchanse entre as árbores que acubillan as ladeiras do monte Gaiás. A primavera convida a achegarse ata o Bosque de Galicia para entrar en contacto coa natureza e camiñar devagar nun día solleiro. Ademais, as intervencións artísticas e paisaxísticas integradas nos espazos naturais do complexo contribúen a potenciar o diálogo entre medio e arquitectura, entre arte e natureza.

Galego

O mural de Lugrís ‘Translación do corpo do Apóstolo a Santiago’ exhíbese xa no Museo Gaiás trala súa restauración

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentou esta mañá o mural de Urbano Lugrís Translación do corpo do Apóstolo a Santiago, obra que a Xunta de Galicia vén de restaurar e recuperar para o patrimonio público e que se exhibe xa de xeito permanente na entrada principal do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de Febreiro de 2023

Residencia Literaria da Cidade da Cultura | REGA 2023

A terceira edición da Residencia Literaria da Cidade da Cultura ten aberto ata o 20 de marzo de 2023 o seu prazo de inscrición para escritoras e escritores emerxentes que queiran perfeccionar os seus proxectos de novela ou relatos a través da posta en común de experiencias e coñecementos, e co acompañamento de autoras de referencia nas letras galegas e españolas.

A estrela de Rosalía | Obradoiro

Con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro a Biblioteca de Galicia organiza este obradoiro para a cativada.

O espazo vaise converter nun espazo de inspiración e de creación colectiva en torno ao debuxo, os contos, a creatividade e a ilustración. A través de metáforas visuais, Rosalía de Castro e a súa estrela HD 149143, xunto co planeta “Río Sar”, se convertirán nos protagonistas desta interesante actividade.

Un gran baile disfraces inspirado nas viaxes no tempo e un espectáculo de ‘Pakolas’ para festexar o Entroido no Gaiás

A Cidade da Cultura recupera este ano o seu tradicional Baile de Entroido —que interrompera a súa celebración tras a pandemia— e convida ao público a unha divertida tarde de festa familiar na que a música de Paco Cerdeira Pakolas, e un gran baile de disfraces de temática relacionada coas viaxes no tempo serán os grandes protagonistas.

Santiago de Compostela, 05 de Febreiro de 2023

O encontro de bandas e agrupacións ‘BSO23’ amosa o patrimonio musical de Galicia arredor da Semana Santa

Preto de 300 instrumentistas e seis bandas e agrupacións musicais das cidades de Viveiro e Ferrol participan hoxe en Santiago de Compostela no certame BSO23 – Banda Sonora Orixinal da Túa Paixón, un encontro destinado a pór en valor o patrimonio musical que temos en Galicia vencellado ás celebracións da Semana Santa.

Santiago de Compostela, 04 de Febreiro de 2023

‘Ferrol no tempo’ despídese con máis de 7.000 visitas e un programa didáctico que achegou a mostra a un milleiro de escolares

A exposición Ferrol no tempo, organizada pola Xunta de Galicia, a través da Cidade da Cultura, e por Afundación, pechou as súas portas o pasado sábado na sede desta última entidade con 7.130 visitantes. A mostra, inaugurada o 18 de novembro, reuniu 115 pezas entre obras de arte, fotografías, documentos e mapas históricos e obxectos inzados de simbolismo, construíndo un relato único sobre a historia dunha urbe que embarcou a Galicia na modernidade.

Santiago de Compostela, 01 de Febreiro de 2023

A Cidade da Cultura inaugura unha mostra bibliográfica sobre María Antonia Dans coa que conmemora o Día da ilustración

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou esta mañá na Biblioteca de Galicia a exposición María Antonia Dans, a maxia da cor, a proposta central na programación da Xunta para celebrar o Día da Ilustración. A mostra bibliográfica, que pode verse na entrada deste edificio da Cidade da Cultura ata mediados de maio, reúne máis de 30 pezas entre libros, debuxos, prensa ou revistas.

Santiago de Compostela, 01 de Febreiro de 2023

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS