Día dos Museos 2018 - Hiperconectados contigo

Celebramos o Día dos Museos por todo o alto con dúas xornadas de festexos! O lema deste 2018 é a hiperconectividade, co obxecto de amosar ao público todas as conexións que establecen dende o museo e cara ao exterior. O Museo Centro Gaiás adapta este leitmotivHiperconectados contigo. E que mellor forma de demostralo con esta ampla programación con 20 actividades nas que queremos contar todo o tempo coa túa presenza, física ou en liña, a través de:

13 tipos de visitas comentadas, todas de balde, para que cada quen elixa a que mellor se lle axeite ou a que máis lle conveña:

No Museo, pola Cara. No Museo Centro Gaiás exhíbense os retratos e selfies realizados por 100 alumnos e alumnas de 3º ESO e Bacharelato no obradoiro de retrato fotográfico, impartido o 8 e 9 de maio por Tamara de la Fuente, creativa audiovisual e directora de arte que forma parte do equipo de festivais de prestixio como o PlayDoc, Carballo Interplay ou Curtocircuíto. 

Coñece o museo por dentro. As persoas que se inscriban a esta actividade descubrirán como se xestiona en todos os seus procesos unha exposición, da man do Departamento de Exposicións e tomando como modelo as dúas grandes exposicións actuais que acolle o Museo Centro Gaiás: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación. Reserva previa.

Visitas Nocturnas. O Museo Centro Gaiás nestes festexos non sabe de horas. Así, á noitiña e dun xeito distendido e cunha sesión de DJ, amosámosvos outro xeito de coñecer as exposicións que acolle o Museo Centro Gaiás: Baldomero Pestana, a verdade entre as mans e Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación. Contarase con servizo de cafetería aberto. a.

Descubre a túa peza favorita. Porque estamos Hiperconectados contigo e cos teus gustos queremos saber o que pensas e cal é a túa peza, obra ou autor favorito das exposicións que acolle o Museo Centro Gaiás. Non só cho imos consultar, senón que o colgaremos nas redes sociais para que se coñeza a túa opinión, impresión ou criterio.

Photocall. Non hai festexo ao grande sen un photocall ao grande. Vén preparado/a para posar con todo o noso atrezzo artístico, inspirado nas nosas exposicións. Tira foto de recordo e súbea ás redes co cancelo #DIM18 #DIM18Gaiás #DIMGaiásHiperconectadosContigo.