Unha noite no Bosque 2018

Acampada no Bosque de Galicia para a cativada e con monitores para coñecer a flora e a fauna (sobre todo especies de paxaros) deste espazo natural.

Ademais, aprovéitase esta actividade para que os máis novos se acheguen á arquitectura e complexo da Cidade da Cultura deseñado polo prestixioso arquitecto Peter Eisenman. Como colofón, rematan esta noite máxica á luz das estrelas, contando relatos e lendas mitolóxicas. 

Dicídelle a vosa cativada que preparen o saco de durmir, pixama e cepillo de dentes e que veñan dispostos a gozar desta divertida aventura! 

PROGRAMA

Venres tarde

  • 19:00 ~ Recepción dos e das participantes. Punto de Información
  • 19:30 ~ Visita guiada polos espazos arquitectónicos
  • 20:15 ~Montaxe de campamento no Bosque de Galicia
  • 21:15 ~ Cea. “Lume do campamento”
  • 22:30 ~ Roteiro polo Parque do Lago e Bosque de Galicia “Os Sons da Noite”.
  • 23:15 ~ Obradoiro de estrelas “Mitoloxía”
  • 00:00 ~ Peche de xornada. Descanso

Sábado mañá

  • 8:30 ~ Diana. Aseo e almorzo
  • 9:15 ~ Recollida do campamento
  • 10:00 ~ Obradoiro: Repaso da fauna nocturna mediante fichas e cantos.
  • 11:00 ~ Obradoiro: Realización dun obradoiro de nós básicos
  • 12:00 ~ Peche de actividade e despedida

IMPORTANTE:

  • Para participar na actividade é necesario traer cuberto e asinado o formulario dispoñible na sección de descargas desta páxina. No caso de que quen deixe ou recolla ao/á participante non sexa a persoa titora legal deberá traer o documento asinado polo/a titor/a legal e copia do seu DNI
  • Prégase que antes do inicio da actividade, os titores e titoras dos participantes consulten o documento de recomendacións que se atopa na sección de descargas desta mesma páxina.
  • Se non se acada un mínimo de 8 participantes por quenda, a sesión será suspendida, efectuándose o reembolso das entradas ou o cambio para outra sesión. De producirse, esta suspensión será comunicada a véspera (o día previo á actividade correspondente) a partir das 13 horas.