En carro polo Gaiás. Xogando coa tradición

Unha completa unidade lúdica na que xogando a construír e deconstruír un carro tradicional se revisa a figura de Antón Fraguas, a quen Galicia lle dedica este ano As Letras Galegas.

A actividade comeza cos monitores vestidos con traxes tradicionais e cun carro feito a escala reducida, deconstruído, e ferramentas de traballo (inocuas a efecto de posibles accidentes).

O carro está deconstruído en arredor de cincuenta pezas, pezas que son “adoptadas” por cada participante que, asumindo como nome propio o nome da peza escollida por ela ou el, colaborador no proceso construtivo do carro que se converte no punto de partida, nun medio de transporte no que van poder subir e percorrer o exterior da Cidade da Cultura.

Durante o desenvolvemento da actividade, ademais dos conceptos propios do lecer e a cultura tradicional, trazaremos contidos de lingua, literatura, oralidade, folclore, arte...