Nadal na Biblioteca de Galicia | Os apuros de Rigoletto

Os apuros de Rigoletto é un orixinal espectáculo de teatro musical dirixido a público familiar, que persegue non só divertir, senón tamén interesar e instruír ao público infantil no marabilloso mundo da ópera. Un libro de contos serve de excusa para facer unha excitante viaxe a través da ópera dunha maneira sinxela e amena.

Sinopse:

Mentres rematan de acomodarse os últimos espectadores, un técnico do teatro da os últimos retoques ao escenario. Rigoletto, un simpático director, busca desesperadamente a súa orquestra, mentres Torcuata, a rexedora do teatro, anda de cabeza procurando que todo estea no seu sitio. Tras unha serie de incidentes disparatados, a rexedora abre o libro de contos e a historia convértese en realidade, aparecendo en escena Mimí, Rodolfo, Amina ou a geisha Cio-Cio San, que escenifican as escenas máis representativas de “La Boheme”, “La Sonnambula, “Rigoletto” ou “Madame Butterfly”.