Curso aproximación á metodoloxía BIM para arquitectos

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza este curso co obxectivo deste curso é permitir que os alumnos coñezan os conceptos básicos da metodoloxía BIM e cales son os aspectos clave que se deben ter en conta para implantalo de maneira exitosa nun estudo de arquitectura.

As sesións presenciais do curso terán lugar no Auditorio 2 do Edificio CINC, na Cidade da Cultura, os días 10 e 11 de decembro. Consulta aquí a información en detalle e o programa do curso.

BIM é unha metodoloxía de traballo colaborativo para a xeración e xestión de proxectos e xestión de proxectos e obras, basada en concentrar toda a información do proxecto e o seu desenvolvemento nun modelo de información.

Esta metodoloxía permite:

  • Ter un control completo de todos os elementos do proxecto e do traballo e como están interrelacionados.
  • A colaboración entre diferentes técnicos nunha obra intégrase de forma natural.
  • Todo isto permite un aumento significativo na productividade do estudo e do control dos custos.


Este curso organízase no marco do convenio suscrito entre o Ministerio de Fomento e o CSCAE para o desenvolvemento de actividades dirixidas á formación e coñecementos prácticos en materia de metodoloxía BIM aplicada á contratación e licitación de obra pública polos colexiados do CSCAE de todo o territorio español, e especialmente nas zonas xeográficas e nos colectivos onde existan maiores dificultades para o acceso a esta formación e que teñan o poidan ter maior relación co sector público, tendo ademais en conta a perspectiva de xénero na selección dos participantes.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta