I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta

Os vindeiros 27 e 28 de novembro Galicia acollerá o I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, co obxectivo de seguir impulsando a Compra Pública de Innovación (CPI) como un instrumento que permite o desenvolvemento de solucións innovadoras que dean resposta aos retos e necesidades da sociedade.

I Feira de Innovación USC-ABANCA

A Universidade de Santiago de Compostela e ABANCA unen as súas forzas para organizar a I Feira da Innovación USC-ABANCA, que terá lugar os vindeiros 27 e 28 de novembro na Cidade da Cultura.

O evento servirá para amosar o compromiso das dúas entidades no desenvolvemento do país, nunha xornada de portas abertas que achega á cidadanía a oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento de USC e ABANCA, así como a súa aposta decidida por difundir a cultura emprendedora entre os estudantes universitarios.

Conferencia Elsa Punset - VI Premios Emprende Gaiás Sixto Seco

A escritora e divulgadora Elsa Punset, referente internacional na aplicación da intelixencia emocional como ferramenta para o cambio positivo, impartirá a conferencia 'Pequenas revolucións para a creatividade' no marco da entrega dos VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, cos que a Fundación Cidade da Cultura recoñece as mellores ideas emprendedoras no sector das industrias culturais e creativas.

Elsa Punset desvela as claves dun cerebro creativo na entrega dos VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

O próximo 19 de novembro terá lugar a entrega dos VI Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Fundación Cidade da Cultura, para favorecer a creación de novas empresas no eido das industrias culturais e creativas, e que contan co patrocinio de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a colaboración do Igape.

Santiago de Compostela, 06 de Novembro de 2018

Recoñecemento a empresas socias e colaboradoras coa Cruz Vermella Santiago

O vindeiro xoves día 15 de novembro ás 19:00 horas celébrase, na Cidade da Cultura, o acto de recoñecemento ás empresas socias e colaboradoras coa Asamblea Comarcal da Cruz Vermella en Santiago de Compostela. O obxectivo é recoñecer publicamente a participación activa das entidades que apoian o Plan de Emprego de Cruz Vermella, xunto con outras empresas colaboradoras.

Pezas e trazos

Pezas e trazos é un claro exemplo de como a creación artística non entende de barreiras de ningún tipo e só de talento. A través desta exposición, onde todas as obras foron realizadas por persoas con discapacidade física e/ou intelectual, preténdese rachar con clixés e superar ideas preconcibidas, moitas delas construídas desde perspectivas erróneas.

Arranca na Cidade da Cultura o Campionato Mundial de Xadrez Cadete con 400 partidas simultáneas

Peóns, alfís e cabalos móvense xa cun ritmo frenético na Cidade da Cultura de Galicia. O Campionato Mundial de Xadrez Cadete, no que se dan cita as mellores promesas mundiais deste deporte, comezou hoxe no Gaiás con 400 partidas simultáneas e 851 participantes dos cinco continentes.

Santiago de Compostela, 04 de Novembro de 2018

Presentación Campionato Europeo e Mundial de Vela

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participará na presentación de Galicia como sede do Campionato de Vela Europeo e Mundial nos vindeiros 2019, 2020 e 2021. O acto estará presidido pola S.M. o Rei don Juan Carlos. Na sala Eisenmann (monte Gaiás, s/n) ás 17 horas. Intervención aberta aos medios.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS