Despunte 2018

A Cidade da Cultura de Galicia volve acoller unha nova edición do desfile Despunte.  A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo presenta este venres, día 14, no Gaiás os traballos do curso 2017-2018, unha ocasión para visibilizar o enorme talento novo, o saber facer e as horas investidas nos Traballos Finais de Estudos (TFE) do seu alumnado.

A cita será ás 19:30 horas no andar -1 do Museo Centro Gaiás e nela a través do cento de deseños participantes poderán verse coleccións moi diferentes, xogos con estampados, cores, volúmenes e texturas, liñas masculinas e femeninas e incluso modelos inspirados na metamorfose dos insectos.

Ademais dos traballos dos estudantes de Deseño de Moda que se gradúan este ano, o desfile amosará tamén, na súa sección 'Miscelánea' dez coleccións realizadas polo alumnado dos últimos cursos da titulación, así como unha selección de obras creadas polos estudantes do Ciclo Superior de Xoiaría Artística.

Os estudantes dos primeiros cursos colaboran tamén en Despunte asumindo funcións na organización do evento, a fotografía das coleccións e botando unha man entre bastidores durante o desfile.

DATOS DESTA DÉCIMA EDICIÓN

  • Participantes Despunte | Alumnado recén graduado


Brais Albor. ColecciónS O L O

Lucía Baz Pacheco. Colección“Crime scene”

Mónica Rodríguez Varela. ColecciónBichos

Natalia García Vieites. Colección Diaphora

Noemí Montenegro Omil. Colección Mell

Paloma Mato Ures. Colección Abuela

Mateo Arnoso Ferreiro. Colección 1

  • Participantes Miscelánea | Alumnado últimos cursos


Sara González Parada

Aldana Fernández Cambas

Ana Prado Rodríguez

Ángela Sande Ron

Aroa López Novo

Isabel Ventura Louro

Marina Varela Brea

Olaya de los Palos Fernández

Pablo Aneiros González

Paula Galeote Conde

Participantes Xoiaría

María Fernández González

María Espasandín Miranda

Bárbara Laso Fernández

Alejandro Castañón Vilariño

Lara Bande Huri

Beatriz Blanco Bellas

Esperanza García Ponte

José Rodríguez Morillas

Xana Villalobos Salgado

Vanesa Rodríguez Juiz

Daniel Martínez González

Irene María Gobet Herrera


  • Premios


Mellor colección Despunte, patrocinado por Gadis.

Mellor colección Miscelanea, patrocinado por Gadis.

Mellor colección Fusión Artesanía e Deseño de Moda, patrocinado pola Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño.

  • Premio extraordinario


Ao final do desfile entregarase tamén o Premio extraordinario nas Ensinanzas Superiores de Deseño 2017/18 na especialidade de Deseño de Produto a D. Miguel Duarte Tallón, alumno da EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

  • Presentador


Carlos Roma

  • Xurado


Gene Cabaleiro, deseñador de moda

Patricia Chao, deseñadora e propietaria de Tartaruga

Jacobo Gayo, fotógrafo especializado en moda

Belén Otero, deseñadora e socia de La Pipa de la Paz e exalumna



  • Número de looks nesta edición


Preto de 100 deseños.



 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h