Premios Eduemprende Idea 2018

A Cidade da Cultura acolle o 12 de decembro a entrega dos premios do concurso Eduemprende Idea 2018. O acto contará coa presencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. A entrega dos premios será no auditorio 1 do Edificio CINC.

O concurso Eduemprende Idea 2018 diríxese ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos. O obxectivo é potenciar a realización de proxectos empresariais por parte dos estudantes dos ciclos de grao superior e de grao medio.

Para cada unha das dúas modalidades do concurso repartiranse 3 premios, cunha dotación económica de 3.000 euros para o primeiro clasificado, 2.000 euros para o segundo, e 1.000 euros para o terceiro. Ademais, os gañadores poderán incorporarse a un viveiro de empresa da Xunta de Galicia e recibirán asesoramento técnico por parte do IGAPE.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h