Gala final Xuventude Crea 2018

O certame de creadores novos Xuventude Crea 2018 entrega os seus galardóns este martes 11 de decembro na Cidade da Cultura. A gala, que contará coa participación da conselleira de Política Social, Fabiola García, celebrarase no Salón de Convencións do Edificio CINC a partir das 18:00 horas.

Dirixido a mozos e mozas entre os 16 e os 30 anos, nesta edición prémianse un total de 13 especialidades creativas (teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña e skate). Máis de 350 rapaces e rapazas participaron este ano no concurso, que se consolida ano a ano como a principal mostra da creatividade xuvenil en Galicia.

Xuventude Crea está impulsado pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude Participacion e Voluntariado. O programa ten como obxectivo incrementar as posibilidades dos novos valores da arte galega, facilitándolles un espazo no que as mozas e mozos poden exercitar as súas habilidades, poñer en marcha os seus proxectos innovadores, impulsar a súa posible proxección e inserción profesional futura.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI