Pequefilmes 2019

Volve ao Gaiás o festival de cinema que a cativada da casa levaba un ano agardando:
Pequefilmes. Toda unha fin de semana de proxeccións, votacións, premios do público e obradoiros cos que dar resposta á demanda dun público pequeno en tamaño pero grande en esixencias.

Durante os días 26 e 27 de xaneiro de 2019, o Museo Centro Gaiás ofrecerá unha
emocionante e amplísima escolma das mellores producións internacionais actuais para esta audiencia, moitas delas premiadas e seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (Annecy, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest, Dresdner Kinderfilfest...).

Nesta terceira edición de Pequefilmes contaremos con tres seccións que abarcan todas as etapas da infancia: Vagalumes (dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos), Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+8 anos).

Os nenos e nenas son os protagonistas deste festival, pero non só como espectadores, senón como parte activa, xa que terase en conta a súa ollada crítica para conceder os premios aos mellores traballos exhibidos. 
 
Xunto ás proxeccións, Pequefilmes ofrecerá tamén obradoiros nos que todos os membros da familia compartirán a aprendizaxe de técnicas e conceptos fundamentais no proceso da creación cinematográfica e da animación. Uns coñecementos que poderán seguir desenvolvendo posteriormente nos seus fogares para divertirse creando xuntos pequenas películas en familia.

 

 
En familia
 
15 DEC ao 6 XAN
10:00 a 20:00h
27 DECEMBRO
17 horas
28 DECEMBRO
12 horas
3 XANEIRO
12 horas