Diálogos ao redor de Castelao

Para celebrar o Día de Castelao —que se conmemora facéndoo coincidir coa data do seu nacemento, o 30 de xaneiro— damos inicio na Cidade da Cultura de Galicia  ao ciclo Diálogos ao redor de Castelao, que procura abrir un espazo de conversa, análise e reflexión entre personalidades da actualidade, á vez que propiciar a súa posta en relación con expertos na biografía e na época do artista e intelectual galeguista.

Esta actividade dinámica servirá de estupendo alfinete para a exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra, que acollemos no Museo Centro Gaiás desde o pasado 5 de outubro e que se clausura o 3 de marzo de 2019. Esta mostra supuxo todo un fito histórico, xa que exhibe por vez primeira en Galicia a icónica obra A derradeira leición do mestre, considerada o 'Guernica galego', pintada en 1945 por Castelao en Buenos Aires en homenaxe ao seu amigo, o intelectual Alexandre Bóveda, asasinado en 1936.

Esta actividade tamén forma parte de todo unha programación que está dinamizar e arroupar unha exposición que supera xa os 25.000 visitantes. Nesta ocasión, propoñémosvos participar nun formato achegado no que participantes e conferenciantes poidades intercambiar ideas de xeito máis próximo e nun ambiente distendido.

 

Quenda de relatores

[30 XANEIRO]

[6 FEBREIRO]

 

[13 FEBREIRO] 

 
[20 FEBREIRO] 
 
[27 FEBREIRO]