O Gaiás exhibirá o 'Códice Calixtino' do Vaticano e o 'Cancioneiro da Vaticana'

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, pechou hoxe un acordo en Roma coa Biblioteca Apostólica Vaticana para exhibir, por primeira vez xuntas en Galicia, dúas pezas de alto valor simbólico para a cultura galega: o Liber Sancti Iacobi, un dos tres únicos códices calixtinos iluminados, ademais do orixinal de Santiago, que se conservan no mundo, e o Cancioneiro da Vaticana, peza imprescindible da lírica galaico-portuguesa que será a primeira vez que se poida visitar na nosa comunidade.

Santiago de Compostela, 12 de Xuño de 2019

Verán no Gaiás | Camiño ao Gaiás 2019

Unha nova forma de achegarse ao Gaiás e á propia cidade de Santiago de Compostela. Deste xeito, ofréceselles aos e ás visitantes novas rutas para chegar a pé ao complexo deseñado por Peter Eisenman, poñendo en valor a fermosa contorna natural e patrimonial que leva ata a Cidade da Cultura, permitindo descubrir algunhas das xoias arquitectónicas de Compostela, xa que se parte do centro histórico.

Para rematar, todas as persoas que o desexen, poden acabar bailando na Praza Central do Gaiás ao son das suxestivas propostas dos concertos de Atardecer no Gaiás.

Verán no Gaiás | Campamentos urbanos Valor e mestría

Procurades actividades para a vosa cativada no verán, na que se divirtan á vez que estimulen a súa creatividade e gusto pola arte e a cultura? Anotádea nos Campamentos urbanos do Museo Centro Gaiás!

Baseados en obradoiros que estimulan a súa creatividade, estes campamentos responden á demanda que tedes nais e pais dunha oferta para a vosa cativada que permita conciliar nesta época non lectiva, pero que non sexan proxectos que se baseen exclusivamente no mero entretemento.

Verán no Gaiás | Campamentos urbanos Pensar coas mans

Procurades actividades para a vosa cativada no verán, na que se divirtan á vez que estimulen a súa creatividade e gusto pola arte e a cultura? Anotádea nos Campamentos urbanos do Museo Centro Gaiás!

Baseados en obradoiros que estimulan a súa creatividade, estes campamentos responde á demanda que tedes nais e pais dunha oferta para a vosa cativada que permita conciliar nesta época non lectiva, pero que non sexan proxectos que se baseen exclusivamente no mero entretemento.

Vinte novos talentos da literatura galega fórmanse no Obradoiro de Novela Cidade da Cultura

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia clausurou hoxe a primeira edición do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, unha actividade pensada para apoiar o talento de novos valores na literatura galega, na que participaron vinte aspirantes a escritores e escritoras.

Santiago de Compostela, 07 de Xuño de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS