'Reb/veladas na paisaxe' explora a relación entre o Camiño de Santiago e a arte contemporánea

A Xunta de Galicia consolida na Cidade da Cultura o ciclo Reb/veladas na paisaxe coa inauguración hoxe da súa segunda edición, que mantén a súa cerna no valor cultural dos espazos naturais do Gaiás ‒Xardín Literario e Bosque de Galicia‒ e na visibilidade da muller na arte contemporánea ao volver apostar por comisarias galegas.

Santiago de Compostela, 20 de Setembro de 2019

Astronautas dun planeta imaxinario con Ledicia Costas

Este obradoiro está pensado para que a rapazada constrúa un planeta imaxinario dun xeito lúdico: describirán o espazo, nomearán lugares e habitantes, debuxarán o mapa e crearán unha historia.

Sempre coa idea do xogo como punto de partida e coa palabra como ferramenta fundamental, case sen decatarse, estarán aprendendo a construír espazos e a deseñar e caracterizar personaxes.

A actividade centrarase en crear desde cero ese planeta imaxinario, empregando diferentes técnicas que estimulen a súa creatividade mediante o traballo en equipo.

A versión en galego de 'Carmina Burana' abre o sábado o ciclo 'Viraxes'

A versión en galego de Carmina Burana abre o sábado 21 de setembro na Cidade da Cultura o ciclo Viraxes, unha serie de tres concertos nos que as bandas de música populares fusionan o seu repertorio con outros xéneros e formatos como a música clásica, o circo ou o teatro, e co que a Xunta de Galicia quere apoiar a experimentación no eido musical.

Santiago de Compostela, 19 de Setembro de 2019

Máis de 30.000 visitantes a 'Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia'

A exposición da Xunta Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia chegou á súa fin na Cidade da Cultura, tras ter recibido preto de 30.000 persoas desde a súa apertura o 12 de abril, das cales 2.500 foron a través das visitas comentadas de balde que ofrece o Museo Centro Gaiás de martes a domingo, e máis de 1.500 foron escolares provenientes de centros galegos de ensino.

Santiago de Compostela, 14 de Setembro de 2019

O Museo Gaiás convida con 'Argallar' a xogar coa arquitectura a familias e colexios

 A Xunta de Galicia convida a familias e colexios a achegarse a xogar coa arquitectura na nova exposición da Cidade da Cultura, Argallar, que abriu hoxe as súas portas no terceiro andar do Museo Centro Gaiás. Ata o 10 de novembro a cativada que acuda ao Gaiás poderá trebellar, construír e interactuar con figuras e pezas xeométricas, unhas veces, dun xeito pautado e outras, desde unha perspectiva totalmente libre e autónoma por parte dos e das visitantes.

Santiago de Compostela, 13 de Setembro de 2019

O Gaiás e o WOS coa diversidade creativa

A Cidade da Cultura, a través do Centro de Emprendemento de Galicia (CEM), volve colaborar co festival de música máis vangardistas de Galicia con estas charlas, con entrada libre ata completar capacidade, presentadas polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. Na súa intervención de benvida aos e ás participantes nos encontros, salientou o nexo común entre o WOS e a Cidade da Cultura, “xa que ambos teñen como obxecto ampliar espazos nos que amosar en Galicia a diversidade creativa”.

Santiago de Compostela, 12 de Setembro de 2019

As bandas populares lánzanse a experimentar co circo, o teatro e a música clásica no ciclo 'Viraxes'

O ciclo Viraxes propón tres espectáculos amenos e diferentes, creados por bandas de música de Galicia, que en setembro e decembro levarán á Cidade da Cultura as súas propostas de experimentación musical nas que se atreven con xéneros como o circo, o teatro ou a música clásica.

Santiago de Compostela, 11 de Setembro de 2019

O Camiño Race | O teu Xacobeo

O Camiño Race non é unha simple carreira de obstáculos. Nace coa vocación de se converter na mellor OCR de Europa e de converter a Santiago de Compostela na sede do Campionato do Mundo desta modalidade, coincidindo coa celebración do Xacobeo 2021.

A carreira máis épica partirá día 19 de outubro desde a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e dispoñerá dun tramo pola zona de adestramento funcional do Multiusos Fontes do Sar. 

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS