O Museo Gaiás abre á noitiña con visitas, música e petiscos do ciclo 'As Nocturnas'
A Xunta de Galicia abrirá o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura ao público á noitiña coas visitas especializadas As Nocturnas.
A Xunta de Galicia abrirá o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura ao público á noitiña coas visitas especializadas As Nocturnas.
Un mundo por construír e deconstruír con posibilidades infinitas e ilimitadas, a través do xogo e polo xogo. Isto é o que vos agarda a grandes e pequenas/os en ARGALLAR !
ARGALLAR é grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura e a partir dun concepto: os espazos de relación xerados a través do xogo.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, permite esta semana —a primeira da programación do mes de agosto— a descuberta de grupos emerxentes do panorama musical nacional, como os granadinos Apartamentos Acapulco; o post rock dos galegos Malraio; e o electropop Monterrosa.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, coincide esta semana coa celebración do Día de Galicia, polo que comezará o venres —e non o xoves— para deixar gozar dos festexos desta importante efeméride.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciou hoxe que o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura inaugurará en novembro Galicia, un relato no mundo, a primeira gran exposición internacional do Xacobeo 2021, un proxecto que aborda as relacións internacionais e o papel de Galicia na historia do mundo desde a prehistoria ata a actualidade.
O 24 de xullo o Museo Centro Gaiás acolle o acto de entrega das Medallas de Galicia 2019. A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.
A cidade de Santiago de Compostela foi escollida por Loterías y Apuestas del Estado para celebrar o seu sorteo de hoxe, nun acto que tivo lugar na Cidade da Cultura e que rendeu especial homenaxe ao Xacobeo 2021.
O boleto editado e distribuído en toda España permite promover o Ano Santo e o Camiño de Santiago a través dunha imaxe tomada desde o Monte do Gozo coa escultura do monumento ao peregrino. Durante o sorteo estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto ao presidente da Sociedade Estatal de Loterías y Apuestas del Estado, Jesús Huerta Almendro.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, chamou hoxe á implicación do conxunto da sociedade para que o Xacobeo 2021 faga crecer o Produto Interior Bruto de Galicia un 0,9% e cree 11.500 empregos a tempo completo nos próximos catro anos, desde hoxe ata 2022, o último exercicio que se verá influenciado directamente polo Ano Santo.
A Cidade da Cultura deu a coñecer hoxe os nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes que foron seleccionados para participar no seu IX Encontro de Artistas Novos #EAN9. Nesta residencia artística no Gaiás –que terá lugar entre o 25 e o 29 de agosto– poderán dar a coñecer o seu proxecto creativo, así como intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, comezará esta semana o mércores, día 17, coa forza dos ritmos e das letras de Miss Bolivia, alcume artístico de Paz Ferreyra.