O Gaiás celebrará 'Audacia', o primeiro gran festival das artes e do emprendemento de Galicia

 A Xunta de Galicia impulsará os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura o primeiro gran festival das artes e do emprendemento de Galicia, Audacia, que procura converterse nunha mostra da excelencia galega en produtos, servizos, convocatorias e iniciativas relacionadas coas creacións contemporáneas.

Santiago de Compostela, 07 de Setembro de 2019

A música creada por intelixencia artificial, nos encontros do WOS Festival 2019 no Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia afondará na música electrónica xerada por intelixencia artificial nunha nova edición dos encontros do Wos Festival que se celebrarán o vindeiro xoves, día 12, no Gaiás e baixo o paraugas nominal de WOS Talk x Fest Galicia 2019.

Santiago de Compostela, 06 de Setembro de 2019

Derradeira semana de 'Valor e mestría', que xa ten sido visitada por 35.000 persoas

Valor e mestría. Galicia como fútbol, ‒exposición da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura sobre a historia, fitos e lendas dos 143 anos de historia deste deporte en Galicia‒ encara a súa recta final ao entrar na derradeira semana de exhibición no Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 25 de Agosto de 2019

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS