Derradeira semana de 'Valor e mestría', que xa ten sido visitada por 35.000 persoas
Valor e mestría. Galicia como fútbol, ‒exposición da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura sobre a historia, fitos e lendas dos 143 anos de historia deste deporte en Galicia‒ encara a súa recta final ao entrar na derradeira semana de exhibición no Museo Centro Gaiás.