A Xunta apoia a formación musical de base co IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a IV edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que preto de 600 músicos novos, de 13 formacións, interpretaron os repertorios elixidos para a ocasión. O certame incluíu un concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, formada por medio cento de intérpretes pertencentes a diferentes bandas e conservatorios da comunidade e dirixida por Xabier Oliveira Blanco –director da banda A Lira de Ribadavia–.
