Este obradoiro está pensado para que a rapazada constrúa un planeta imaxinario dun xeito lúdico: describirán o espazo, nomearán lugares e habitantes, debuxarán o mapa e crearán unha historia.
Sempre coa idea do xogo como punto de partida e coa palabra como ferramenta fundamental, case sen decatarse, estarán aprendendo a construír espazos e a deseñar e caracterizar personaxes.
A actividade centrarase en crear desde cero ese planeta imaxinario, empregando diferentes técnicas que estimulen a súa creatividade mediante o traballo en equipo.

