#CULTURALIKE | A divulgación cultural que triunfa en Internet | Síguea por streaming!


Cantas veces desde o sofá da túa casa tes accedido a obras ou detalles descoñecidos de importantes pezas de museos, situados a miles de quilómetros! Isto é posible grazas ás redes sociais e sobre todo, ao labor de influencers especializados, que difunden a cultura rachando coas canles de acceso e coñecemento tradicionais sacando a arte fóra dos espazos museísticos e facendo que tamén sexa trending topic.

Queres saber e aprender como o fan? Na Cidade da Cultura imos xuntar nesta xornada dous destacados divulgadores culturais en rede: Jaime Altozano, con máis de dous millóns de seguidores e máis de cen millóns de visualizacións acumuladas en YouTube e Miguel Ángel Cajigal, coñecido como El Barroquista, con más de 40.000 seguidores no Twitter.

Ambos amosaranche claves para triunfar en Internet coa divulgación cultural e ofreceranche as ferramentas necesarias a través dun caso práctico: Galicia un relato no mundo, primeira das tres grandes exposicións da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura na que se exhiben por vez primeira na nosa comunidade destacadas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións museísticas en distintos recunchos do mundo. 

JAIME ALTOZANO. Un dos máis destacados divulgadores culturais en lingua hispana conta con máis de dous millóns de seguidores nas diferentes redes sociais e máis de cen millóns de visualizacións acumuladas na súa canle de YouTube. Compositor e  produtor musical, ten colaborado como creador de contidos  divulgativos con institucións como a Universidad Politécnica de Madrid ou Teatro Real e con medios como Movistar+, Cadena SER e RTVE.


EL BARROQUISTA. Miguel Ángel Cajigal é un tuiteiro galego especializado en arte, museos e patrimonio cultural con máis de 40.000 seguidores nesta rede social. Historiador da Arte e da Música pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o Máster de Educación en Museos y Espacios Culturales da Universidad Miguel de Cervantes (Valladolid). Colabora como divulgador cultural no programa Galicia por Diante da Radio Galega e forma parte do servizo educativo da Cidade da Cultura de Galicia.



 PROGRAMA

11:00 – Titorial de El Barroquista: Cultura en Twitter? En serio?

11:45 – Titorial de Jaime Altozano: Divulgar cultura na era do Like

12:30 – Pausa e café

13:00 – Mesa redonda cos participantes e preguntas das e dos asistentes

13:30 – Visita comentada á exposición Galicia, un relato no mundo 

'TI TAMÉN PODES FACER #CULTURALIKE'

Ademais, poderás pór en práctica os coñecementos adquiridos nesta xornada participando nunha proba práctica ao redor de Galicia, un relato no mundona que te convertirás en divulgador cultural nas redes desta mostra na canle que decidas: Twitter, Instagram, Facebook ou Youtube. Fai a teu propia publicación para calquera delas etiquetanto #CulturaLike e #Galiciaunrelatonomundo e a que máis interaccións alcance ata o 31 de decembro en cada unha delas terá un agasallo.

Cal será? Gozarás dunha visita comentada privada co mesmo Barroquista para ti e para a persoa que elixas á catedral de Santiago, obra mestra da arte románica mundialmente recoñecida, á que terás acceso coa descuberta de recantos e espazos aos que nunca antes lle tiñas prestado atención e como non ao Arquivo da catedral e ao soberbio Pórtico da Gloria, recentemente restaurado.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h