Transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas industrias culturais e creativas

O obxectivo fundamental deste curso é proporcionar unha visión global daqueles sectores de actividade  organizada  que  teñen  como  obxecto  principal  a  produción  ou  a  reprodución,  a promoción,  a  difusión  e/ou  a  comercialización  de  bens,  servizos  e  actividades  de  contido cultural, artístico ou patrimonial.

Como obxectivos específicos este programa pretende: 

  • Asesorar de forma individualizada a cada un dos participantes, tanto aos actuais como aos potenciais emprendedores en industrias culturais, sobre as oportunidades no seu respectivo sector de actividade como no desenvolvemento dun plan de negocio.
  • Manexar os instrumentos empresariais necesarios para deseñar e dirixir proxectos culturais con obxectivos estratéxicos definidos.
  • Desenvolver capacidades de prospectiva que permitan anticipar os cambios da nosa sociedade, facilitando a comunicación e proxección dos proxectos.
  • Fomentar o desenvolvemento das novas tecnoloxías na produción cultural.
  • Adquirir habilidades e ferramentas para definir obxectivos, enfrontarse a desafíos e atopar solucións aos retos aos que se enfronta o emprendedor.
  • Coñecer as bases xurídicas e administrativas nos diferentes campos de actuación.
  • Lograr  a  competencia  para  xestionar  proxectos  capaces  de  confluír  con  outros sectores económicos e xerar máis recursos.
  • Fomentar  a  creación,  consolidación  e  modernización  das  industrias  culturais  e creativas.
  • Contribuír  á  mellora da formación  dos traballadores  e emprendedores  do  ámbito cultural e creativo.
  • Apoiar ás novas xeracións de xestores culturais.
  • Favorecer a internacionalización do sector.
  • Fomentar o mecenado cultural.

Para  crear  unha  empresa  e/ou  consolidar  unha  xa  existente  precísanse,  ademais  de determinadas capacidades, moitas horas de traballo e formación no terreo empresarial. Todo iso ha de ir acompañado dunha forte motivación, que resulta vital para conseguir o obxectivo e que provén, na maioría dos casos, dunha actitude emprendedora e activa. Os participantes no programa axustaranse aos seguintes perfís: 

  • Participantes menores de 30 anos que non se atopan empregados nin participan nos sistemas de educación ou formación, vinculados ao mundo cultural e con interese en coñecer a importancia das industrias culturais e creativas.
  • Emprendedores/as  que  conten  cunha  idea  de  negocio  e  desexen  realizar  un proxecto viable de creación de empresa cultural para o seu posterior posta en marcha.

O programa de “Transformación  dixital, xestión empresarial e emprendemento nas industrias culturais e creativas” está organizado pola Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Fundación Incyde e conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do FSE.