Cociñeiras ilustradas | Divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada

Tirastedes proveito deses meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas!

O Encontro de Artistas Novos lanza unha nova convocatoria, centrada no talento galego

A Xunta vén de convocar unha nova edición do seu Encontro de Artistas Novos (EAN) que en 2020 cumpre dez anos ao redor da arte emerxente e a creación contemporánea. O EAN10 ofrece a corenta novos creadores a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no complexo da Cidade da Cultura durante a que presentar o seu proxecto creativo, ademais de optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de Santiago como eixo.

Santiago de Compostela, 25 de Maio de 2020

Reapertura Museo Gaiás e Biblioteca de Galicia

Biblioteca de Galicia e o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura reiniciaron a súa actividade presencial –xa que ambos mantiveron a súa atención telemática e a programación en liña durante o estado de alarma sanitaria pola pandemia da COVID-19— coa apertura progresiva dos equipamentos en varias fases e a reincorporación do seu persoal.

Galego

Reapertura presencial da Biblioteca de Galicia e Museo Centro Gaiás

A Biblioteca de Galicia e o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura reiniciaron a súa actividade presencial xa que ambos mantiveron a súa atención telemática e a programación en liña desde o estado de alarma sanitaria pola pandemia da COVID-19— coa apertura progresiva dos equipamentos en varias fases e a reincorporación do seu persoal.

Día dos Museos 2020 | Igualdade, diversidade e inclusión

O 18 de maio festéxase internacionalmente o Día dos Museos, que este ano ten como lema: Igualdade, diversidade e inclusión. Na Cidade da Cultura queremos lembrar todos eses proxectos expositivos que acollemos ao longo da existencia do Museo Centro Gaiás  e que estiveron  fiados con estas tres marabillosas, revolucionarias e imprescindibles palabras, que deberan estar no cerne de calquera actuación e acción, e non só no eido cultural.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS