O Gaiás funda o 'Club das lerchiñas', con seis das mellores contadoras de Galicia para sesións en liña dirixidas ás familias

A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura --www.cidadedacultura.gal-- o Club das lerchiñas, sesións de contacontos en liña dirixidas ás familias e do q

Santiago de Compostela, 06 de Maio de 2020

Lectura compartida para festexar as Letras Galegas cun vídeo coral con textos de Carvalho Calero

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o Día das Letras Galegas 2020 cunha lectura participativa en liña de textos do homenaxeado deste ano, Ricardo Carvalho Calero. O Gaiás convida a toda a cidadanía a compartir un pequeno vídeo lendo un texto do escritor ferrolán, que despois formará parte dun audiovisual coral que se publicará nas redes o vindeiro 17 de maio con todas as achegas recibidas. A iniciativa enmárcase na campaña #aculturasegue, promovida pola Xunta de Galicia para ofrecer diversas actividades de lecer e formación en liña na situación actual de alerta sanitaria.

Santiago de Compostela, 04 de Maio de 2020

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero | Lectura compartida en liña

A Cidade da Cultura súmase como cada 17 de maio á celebración das Letras Galegas, este ano dedicadas a Ricardo Carvalho Calero, figura á que tamén queremos homenaxear e festexar neste gran día desde o Gaiás, contribuíndo a pór en valor o seu labor para dignificar o idioma e a cultura galega, e o seu prolífico traballo como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor.

Día Internacional da Danza | #aculturasegue

"Bailas e faisme libre". Facemos noso --e seguro que tamén voso-- este verso de Uxío Novoneyra tan oportuno nestes tempos. Catro palabras capaces de concentrar unha das grandes cualidades dunha das primeiras formas de comunicación da humanidade.

Desde antes do poder da palabra, a danza permitiunos expresar alegría pola felicidade; tristeza na dor; ou carraxe ante a impotencia. Bailamos para expresarnos, para sentir, para ser. Nun teatro, nunha praza, nunha romaría, nunha festa familiar, en grupo, en parella e tamén sós, que non en soidade.

Clic Xanela | Fotografías desde as fiestras. Técnicas para mellorar as túas imaxes

Desenfocadas, sen encadre, con pouca luz... Cantas veces lle teremos botado a culpa ao noso móbil pola mala calidade das fotos cando era só cuestión de falta de pericia ou de técnica. Por iso, a Cidade da Cutura botou a andar Clic Xanela, un curso de fotografía en liña con sinxelos consellos impartidos por Óscar Corral

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS