- GALEGO
- CASTELLANO
- ENGLISH
Debatimos sobre o audiovisual na era poscovid-19 coa cineasta Carla Simón e o director de Portocabo, Alfonso Blanco
O quinto webinario dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era poscovid-19 estivo centrado esta tarde nos desafíos aos que se enfronta o sector do cinema e o audiovisual no contexto actual. A sesión estivo conducida polo director da Agadic, Jacobo Sutil Nesta, e contou coa participación da cineasta catalá Carla Simón e o produtor e CEO de Portocabo, Alfonso Blanco.
Escoliña de Merlíns e Morganas para aprender maxia con Pedro Volta
A Xunta de Galicia pon en marcha na Cidade da Cultura a Escoliña de Merlíns e Morganas, un campamento de maxia virtual dirixido á cativada de entre 8 a 12 anos e impartido por Pedro Volta, un dos ilusionistas galegos máis internacionais. A formación e inscrición será por quendas semanais, entre o 22 de xuño e o 18 de xullo, con tres días de aprendizaxe por internet que se completará cun encontro presencial os sábados no Gaiás para pór en común todo o aprendido.
Despedimos as 300 obras de 'Galicia, un relato no mundo', devoltas ás súas entidades prestadoras, en oito países
A Cidade da Cultura de Galicia está a desenvolver os traballos de desmontaxe e devolución das máis de 300 obras expostas na mostra Galicia, un relato no mundo. Todas elas retornan, nesta primeira quincena de xuño, ás súas entidades prestadoras, un total de 60 institucións e 21 coleccionistas de Galicia, o resto de España e outros sete países diferentes: Irlanda, Reino Unido, Italia, Portugal, Arxentina, Cuba e Uruguai.
Escoliña de Merlíns e Morganas 2021 | Campamento virtual de maxia con Pedro Volta
Quero ser maga! Vou ser mago! Se desde ben pequerrechiño ou pequerrechiña esta é a resposta da vosa cativada á recorrente pregunta de que lle gustaría ser de maior, tedes que inscribilo/a na nosa Escoliña de Merlíns e Morganas, que este ano cumpre a súa segunda edición.
Programación cultural galega no Gaiás para o segundo semestre
A Xunta de Galicia vén de reorientar a oferta de actividades da Cidade da Cultura para este segundo semestre co obxectivo de facer da súa programación unha oportunidade para a recuperación da actividade no sector cultural tras a crise da covid-19. Creadores, técnicos, traballadores e empresas galegos e galegas terán especial protagonismo na oferta prevista para os vindeiros seis meses, período no que se intensificarán os esforzos para dinamizar este sector.
O programa de concertos de 'Galicia Emerxe' chegará ao Gaiás en setembro
A Xunta de Galicia está a impulsar a produción do programa de música ao vivo Galicia Emerxe como unha das novas iniciativas xurdidas ao abeiro do seu Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19.
Ledicia Costas pecha o Club das Lerchiñas
A Xunta de Galicia pecha este sábado coa premiada escritora Ledicia Costas o Club das Lerchiñas da Cidade da Cultura, ciclo de contacontos en liña –da campaña de lecer e formación #aculturasegue– dirixido ás familias e que ata agora emitiu catro sesións nas redes sociais do Gaiás (Facebook, Instagram, Twitter e Youtube) coas historias relatadas por María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer e Paula Car
‘Galicia, de nós a nós’, a segunda exposición do Xacobeo 2021, chega ao Gaiás en outubro
O Museo Centro Gaiás acollerá o próximo mes de outubro Galicia, de Nós a nós, a segunda exposición do Xacobeo 2021 centrada no centenario da publicación da revista Nós e no legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron co seu labor, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da literatura e da cultura galega.
Día da Música | Concertos de El afecto ilustrado, Faia e Chisme
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- …
- seguinte ›
- última »