Programa de formación e asesoramento para empresas e profesionais culturais

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, ten en marcha un Programa de formación e asesoramento dirixido a empresas e profesionais culturais, destinado a apoiar e mellorar a competitividade do sector nun momento especialmente delicado pola crise da covid-19. Con atención en liña e presencial na Cidade da Cultura os xoves e os venres, o servizo resolve dúbidas de carácter laboral, fiscal e mercantil relacionadas coas medidas postas en marcha para paliar as consecuencias económicas da covid-19 e asesora tamén sobre temas como fontes de financiamento, plan de negocio, business angels, apertura de novos mercados, ou internacionalización.

Programa de formación 2022

No marco do programa, ao longo do ano desenvolveranse distintas accións formativas centradas en ámbitos como emprego de novas tecnoloxías, internacionalización, xestión empresarial, ou desenvolvemento de novas liñas de negocio en eidos como os UAVs ou drons, ou as tecnoloxías de realidade virtual e aumentada. Estas accións formativas decorrerán maioritariamente en liña, con algunhas sesións presenciais.

Programa formativo 'Emprende en realidade aumentada'

 9 de maio - 17 de xuño | En liña | De balde

Programa formativo de seis semanas dirixido a persoas menores de 30 anos, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedoras ou profesionais que desexen formarse no eido das tecnoloxías inmersivas e a realidade aumentada: aquelas que permiten usar capas de elementos virtuais sobre imaxes reais, ofrecendo experiencias interactivas a partir dunha combinación da dimensión virtual e a física.

Máis información | Programa

Programa formativo en drons e emprendemento 

A partir do 14 de marzo | Presencial / En liña | De balde

Programa formativo de sete semanas destinado a persoas menores de 30 anos, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedoras ou profesionais que desexen iniciarse no sector dos Drons, que está a ter un crecemento exponencial nos últimos anos, existindo importantes posibilidades de actividade e negocio en ámbitos tan dispares como a agricultura, o medio ambiente, a vixilancia e as reparacións industriais, entre outras.

Máis información | Programa

.

Servizo de asesoramento

As empresas e profesionais culturais poden acudir ao servizo para asesorarse sobre as seguintes cuestións:

  • Procura de financiamento: Información para o acceso ás liñas de financiamento mais adecuadas ás características do seu proxecto empresarial e ás necesidades que se pretendan cubrir: axudas, subvencións, préstamos ICO, Igape e demais instrumentos financeiros articulados desde o Goberno, outros organismos e administracións, desde entidades financeiras ou Business Angels.
  • Plan de negocio e apetura de novos mercados. Información sobre ferramentas axeitadas para a reformulación de liñas de traballo  e posibilidades de desenvolvemento da empresa. Titorización no proceso de reorientar e desenvolver o plan económico-financeiro.
  • Internacionalización: posibilidades de internacionalizarse e asesoría na elaboración dun Plan de acción a curto prazo con accións e unha análise dos distintos programas e axudas de apoio á internacionalización. Tamén se resolverán de xeito rápido consultas puntuais sobre operacións de comercio exterior nas que a empresa teña dúbidas ou falta de información (como aranceis, documentos aduaneiros, fiscalidade, transporte internacional, misións comerciais...).
  • Medidas covid-19: Consultoría sobre cuestións laborais, fiscais e mercantís no contexto da covid-19. Resolución nun prazo de 24 horas das consultas formuladas sobre cuestións como ERTEs, prestación por cese de actividade, plan de desescalada, moratorias nas cotizacións á Seguridade Social, aprazamentos de impostos etc.

Esta colaboración dá continuidade e amplía a oferta do servizo de asesoramento a empresas e profesionais culturais posto en marcha en 2020 no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19. 

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h