‘Galicia, un relato no mundo’ lanza unha visita virtual, enriquecida con contidos extra

A Consellería de Cultura e Turismo lanza unha visita virtual a Galicia, un relato no mundo para achegar os seus contidos a todas as persoas que, debido ao peche do Museo Centro Gaiás, quedaron sen posibilidade de descubrir a exposición de maior éxito da Cidade da Cultura.

A mostra, que estaba previsto manter aberta ata o 12 de abril, non recibe visitas desde o 13 de marzo, día no que a Xunta de Galicia declarou a emerxencia sanitaria, que supuxo o peche dos museos e outras instalacións como medida de precaución fronte o avance da pandemia.

Santiago de Compostela, 13 de Abril de 2020

X Encontro de Artistas Novos: #EAN10

No contexto actual de crise mundial producida pola COVID-19, o Encontro de Artistas Novos quere seguir a apostar por apoiar o traballo de creadores emerxentes. A Cidade da Cultura de Galicia converterase por décimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que os creadores terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais.

Por que se lle dedica a Domingo de Andrade o Día das Artes? | Descúbreo neste fío de Twitter

Imposible imaxinar Compostela sen os sons hipnóticos das badaladas da Torre do Reloxo da catedral de Santiago ou sen caer en onomatopeas de admiración ante a fascinante tripla escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego. Ambas son obras de Domingo de Andrade, a quen se lle dedica este ano o Día das Artes (1 de abril).

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS