Cociñeiras ilustradas | Divertidas receitas animadas para preparar e papar coa cativada

Tirastedes proveito deses meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas! Cada sábado contades cun novo e larpeiro plan de fin de semana que vos vai resultar un xeito divertido de achegarlles aos vosos nenos e nenas a cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saúdables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.

Todos os sábados  [do 13 de xuño ao 11 de xullo] ás 10 horas contades con dúas vídeo-receitas animadas por cinco recoñecidas ilustradoras galegas  [ Nuria díaz, Ana Varela, Laura Tova, Ángeles Díaz-Axouxeres e chisqueiros e Dani Padrón], que son as encargadas de darlle vida cos seus divertidos e fantásticos debuxos a ricos xantares, ceas, merendas ou sobremesas, preparadas polos cociñeiros da  Escola de Hostalaría Belarmino Fernández. Sober (Lugo): Xenxo Pereiro, Santiago Martínez, David Cidre e Miguel A. Caruncho.

Nada en 1987 en A Coruña, cidade na que reside e traballa actualmente. Desde ben nena foi unha apaixonada da pintura e o debuxo, o que a leva a estudar Belas Artes na Facultade de Pontevedra. A partir de 2015, comeza a dedicarse á ilustración de forma profesional, enfocando a súa ctividade principalmente cara á ilustración infantil e colaborando con diferentes editores e clientes de todo o mundo. Nos seus proxectos adoita experimentar con diferentes técnicas e estilos na procura de versatilidade, xogando coas posibilidades que ofrece o debuxo.

ANA VARELA | 13 XUÑO

Vídeo-receita de Cornete de pavo e verduras

Vídeo-receita de Galletas de leite condensado

 

 

 

ÁNGELES DÍAZ | 20 XUÑO

Vídeo-receita de Crema de arroz con cabaza e luras

Vídeo-receita de Cordon bleu de pescada

 

  

 
 

DANI PADRÓN | 27 XUÑO

Vídeo-receita de Niño de paspallás

Vídeo-receita de Crema de chocolate branco e iogourt

 

 

NURIA DÍAZ| 4 XULLO

Vídeo-receita de Sandwich mixto con corazón fantasía de amanita muscaria

Vídeo-receita de Luriñas de salchichas con pasta

 

 

 

LAURA TOVA | 11 XULLO 

Vídeo-receita de Roliños de arroz

Vídeo-receita de Bolo preñado con xamón cocido e queixo

 

www.lauratova.com

 

 

[Música vídeos: Guitalele's Happy Place by Stefan Kartenberg  Ft: Kara Square (mindmapthat)Guitalele's Happy Place by Stefan Kartenberg (c) copyright 2017
Licensed under a Creative Commons Attribution (3.0) license. http://dig.ccmixter.org/files/JeffSpeed68/56194 Ft: Kara Square (mindmapthat) ]