Club das lerchiñas | Sesión de contacontos en liña para a familia

DERRADEIRO CLUB DAS LERCHIÑAS: CONEXIÓN MACARRÓN

Como nos gusta xuntarnos en familia na casa ao redor dunha boa historia! E se estas veñen das mellores contadoras de Galicia, xa estamos ante un deses plans de sábado a non perder!

A Cidade da Cultura bota a andar o selecto e divertido Club das Lerchiñas con creadoras ou fiadoras deses relatos que tanto nos prestan, deses que dá igual que sexas avoa, papá ou rapazada, porque te engaiolan independemente da idade que teñas e non te soltan ata escoitar o de colorín colorado, dá este conto por rematado. 

Cada sábado desde hoxe ( 9 de maio ) ao 6 de xuño traerannos os seus contos desde o seu fogar ao noso, porque a narración oral ten esa maxia de non saber de lindes de tempo e de espazo; o que nos permite continuar a escoitar aínda as historias que lles contaban ás nosas tataravoas ou poder gozar neste necesario #quedanacasa de sesións de contacontos en liña axudadas por Internet e polas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter).

Nesta marabillosa familia de lerchiñas temos a nomes tan coñecidos e queridos como:

 

 

Estas seis contadoras levarannos directamente aos nosos fogares historias que alimentarán o maxín, darán pé a xogos na casa e de seguro a moitas moitas, pero moitas! horas de conversa en familia e incluso seremos capaces de darlle outra fin ou un sempre gustoso e intrigante continuará...

E máis dun e dunha estaremos tentad@s a crear coa familia ou con amig@s o noso propio Club das Lerchiñas. Temos unha boa inspiración nestas seis fabulosas contacontos!

 
En familia