Xornada sobre o programa TicCámaras | Axudas TIC para adaptarse á nova realidade das empresas culturais

O programa TicCámaras está dirixido a pemes ou profesionais autónomos que procuren solucións para mellorar a competitividade do seu negocio a través da incorporación de novas tecnoloxías. Nesta xornada, enmarcada no noso Programa de Formación e Asesoramento para empresas e profesionais culturais debullaremos en profundidade a información da próxima convocatoria con Anselmo Díaz Romero, asesor tecnolóxico do Programa TicCámaras.

Ademais, contaremos coa participación de José Manuel Castro, CEO de Software Compostela SL, e Marcos Dacosta, CEO de Invibt Diseño y Desarrollo Web SL, que afondarán na implantación de solucións TIC para mellorar a competitividade e as vendas.

Programa TicCámaras

Axudas a autónomos e pequenas e medianas empresas para a incorporación de novas ferramentas de mellora da xestión e a competitividade a través das novas tecnoloxías, como:

  • Ferramentas de produtividade na nube: ERP, CRM (sistema de xestión de clientes), TPV, loT, Big Data, realidade virtual,...
  • Comercio electrónico: web, tenda en liña, pasarela de pagos, facturación electrónica, firma dixital,…
  • Marketing dixital: posicionamiento web, email marketing, social media, aplicacións móbiles, loT…

O servizo estrutúrase en:

  • Análise de necesidades: estudo técnico do nivel de aproveitamento das tecnoloxías no teu negocio, e recomendación de opcións de mellora.
  • Implantación de solucións: ti elixes que provedor se encargará do proxecto e a Cámara de Comercio tramita as axudas.

Importe da axuda:

  • Diagnóstico: sen custo para a peme ou profesional.
  • Implantación do plan: subvención de ata un 85% (en función da comunidade autónoma) para investimentos dun máximo de 7.000 € en desenvolvemento tecnolóxico.

O programa está financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

 
Visitar
 
Verán 2021
De martes a domingo
Verán 2021
Martes e venres | 11h
Verán 2021
Mércores e sábados | 11h
Verán 2021
Xoves e domingos ás 11h