A xincana do Camiño | Descubre xogando en familia a Vía da Prata

Descubrir as diferentes etapas da Vía da Prata a través de xogos tradicionais, en familia e nunha divertida xincana. Este é o plan ao aire libre (Bosque de Galicia) que vos propoñemos para a fin de semana do 24 e 25 de abril. 

De 16 a 20 horas, oito familias enfrontarédesvos na recén estreada terceira fase do Bosque de Galicia a divertidos retos que vos permitirán coñecer máis polo miúdo a Vía da Prata,  que transcorre paralela ao monte Gaiás, xa que entra a Santiago polo barrio compostelán de Sar.

Do mesmo xeito, esta xicana permitiravos recuperar ou descubrir xogos populares que, a partir desta experiencia, podedes incorporar as rutinas de lecer coa vosa cativada.

Como é a Xincana do Camiño?

Consta de oito etapas temáticas que reciben o nome dunha vila por onde discorre a Vía da Prata.

En cada etapa as e os participantes da unidade familiar ides ter que superar nun máximo de 10 minutos unha proba vencellada con xogos populares da cultura galega.

Prevese que cada familia-participante completedes as oito etapas temáticas en 2 horas aproximadamente.

Na recepción da xincana cada persoa participante recibiredes unha “credencial” e en cada etapa a medida que se vaia superando as probas recibiredes un selo.

As etapas e xogos que vos atoparedes durante o percorrido da xincana son os seguintes:

  • Etapa 0. A Canda: Recepción. Entrega de credenciais. No Museo Centro Gaiás
  • Etapa 1. A Gudiña. “Constrúe o Dolmen”. Xogo Torres de Madeira.
  • Etapa 2. Laza. “Extracción na Mina”. Xogo do Plinko
  • Etapa 3. Vilar de Barrio. “Atravesa a Ponte”. Xogo da Serpe
  • Etapa 4. Ourense. “Pescando no Miño”. Xogo Pescapeixes
  • Estapa 5 . Cea. “Dalle ao Bolo”. Xogo de Tiralatas
  • Etapa 6. Bendoiro. “Descobre o Castro”. Xogo de Metediscos
  • Etapa 7. Santiago de Compostela. Entrega da Compostela. No Museo Centro Gaiás
 

Unha vez rematada a xincana cada participante recibiriredes unha compostela personalizada co voso nome.

 
En familia