MuseumWeek'21

A Cidade da Cultura únese á # MuseumWeek 2021 dedicando 7 días, 7 ideas e 7 cancelos á creatividade.
 
O Museo Centro Gaiás súmase un ano máis a esta celebración que pretende estimular o espírito de creatividade e creación, especialmente nos máis novos, e difundir contido cultural relevante para facer máis accesible o coñecemento a todos os públicos.
 
Cada día dedicarémolo a un tema e compartiremos a nosa creacións nos noso perfiel de Twitter e animámoste a seguirnos ou participar cos seguintes cancelos e compartir as túas historias e experiencias temáticas co Museo Centro Gaiás.
 
  • Luns 7 de xuño | #EraUnhaVezMW
    Compartimos imaxes e anécdotas sobre os nosos inicios
O primeiro día da #MuseumWeek2021 comeza co #inicio. Fai 19 anos que o fotógrafo Manuel G Vicente tomou a primeira imaxe da Cidade da Cultura: a construción das Torres Hejduk (Foto de apertura). E desde o ano 2004 non deixou de retratar o complexo.
  • Martes 8 de xuño | #TrasBambolinasMW
    Mostrámosvos o que se agocha detrás das nosas actividades e compartimos algunhas imaxes de como traballamos para que poidades ser conscientes do labor e equipo que hai detrás dos contidos do Museo Centro Gaiás

O segundo día da #MuseumWeek2021 sérvenos para amosar o delicado e preciso traballo detrás das mostras que estades a gozar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, como «Os brancos segredos do seu ventre». Nesta ligazón explicámovos a instalación desta lura xigante de porcelana de David Zink Yi, que en todas as súas obras evidencia un constante interese polos rituais. E esta peza non está exenta deles: desde a súa instalación na Cidade da Cultura de Galicia e coa periodicidade de cada tres días a súa tinta negra —composta principalmente por melaza— debe ser renovada evitando así a súa evaporación. Aquí todo o proceso polo miúdo
 
  • Mércores 9 de xuño | #AOlladadaInfanciaMW
    Contamos o museo coa mirada dos/ as máis pequenos/as.


#AOlladadaInfanciaMW | O terceiro día da #MuseumWeek2021 sérvenos para que vos acheguedes ao Museo Centro Gaiás desde a mirada espelida ás nosas exposicións da cativada, non como futuras e futuros visitantes, senón como presentes de facto e de dereito.

  • Xoves, 10 de xuño | #EurekaMW
    A arte tamén se basea en iniciativas primixenias que xorden titubeantes e para probar e acaban por converterse nun primeiro Eureka! que desencadea un éxito de programación. Compartiremos os Eurekas! do Museo Centro Gaiás.
No cuarto día da #Museumweek2021 salientamos unha das accións do Museo Centro Gaiás ante as restricións de visitas pola pandemia e que resultaron un éxito‼️: levarvos as exposicións ás casas e ás aulas, a través de videoconferencias en liña

  • Venres 11 de xuño | #TutulaoMW
    Pórlle título a unha actividade ou exposición sempre é un chanzo moi importante, e hai que admitir que non tan doado a maior parte das veces. Convidámosvos a un especial reto, e agardamos que divertido: dádelle un nome alternativo a certas actividades ou exposicións xa bautizadas por nós, pero que para vós ben lle acaía outro nome.
 
Comezamos cunha proposta. Achégase a noite de San Xoán e lembramos a última das Andainas Feiticeiras.  A noite de San Xoán é unha noite cunha gran riqueza de rituais. Auga, lume e vexetación son os tres elementos primordiais na celebración desta noite meiga que marca a chegada do verán. Un dos ritos máis feiticeiros é deixar, ao relento da noitiña, un feixe de herbas a macerar nun caldeiro de agua para, na mañá, lavarse e ficar así purificadas/os e perfumadas/os e espantar os males. Para este ritual non serve calquera herba, teñen que ser as herbiñas de San Xoán (herba luísa, malva, tormentelo, hipérico, estalote, abeloura, codeso, fiuncho...) que podemos atopar nos espazos naturais do Gaiás e que descubrimos e recollemos nas Andainas feiticeiras para ir recolectando e levar a cabo este costume ancestral. Bautizariádela con outro nome? Dicídenos con cal‼️


    • Sábado 12 de xuño | #AArteestáentodasPartesMW
      E nas actividades, exposicións e intervencións artísticas que ofrecemos na Cidade da Cultura temos múltiples testemuños. Contámovolos!
O sexto día da #MuseumWeek2021 salientamos como a #AArteestáentodasPartesMW. Non a ves neste valado publicitario na Cidade da Cultura? É unha peza artística íntima e universal para Rebveladas na paisaxe III, a modo de artefacto filosófico que che pregunta: está o teu futuro escrito?

    • Domingo 13 de xuño | #PalabrasParaOFuturoMW
      É momento de compartir mensaxes con desexos e ideas para o futuro. 
É momento de despedir a #MuseumWeek2021 cun ata logo propoñendo proxectos para o futuro. E xustamente o #MuseoGaiás ofrecerá axiña #GaliciaFutura, exposición que explorará ese futuro desexado e posible. A partir do 14 de xullo!

 
Máis informaciónhttps://museum-week.org/
 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h